O Parque Nacional do Jaú é un parque nacional que se atopa no estado do Amazonas, no Brasil. É unha das meirandes reservas forestais de América do Sur, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Localización O nome "Jaú" provén dun dos meirandes peixes do Brasil, o Zungaro zungaro ou jaú, polo cal recibe o nome do río principal do parque. O parque está no bioma amazónico na ecorrexión do bosque húmido de Japurá-Solimões-Negro. Abrangue unha área de 2 367 333 hectáreas. Foi creado polo decreto 85.200, o 24 de setembro de 1980. É administrado polo Instituto Chico Mendes de Conservación da Biodiversidade. Abrangue os concellos de Barcelos, Codajás e Novo Airão no estado de Amazonas.

O parque é unha das maiores áreas protexidas do Brasil. Atópase a 220 km ao noroeste de Manaus e contén toda a conca do río Jaú entre o río Unini ao norte e o río Carabinani ao sur. Os tres ríos flúen cara ao leste para entrar na marxe dereita do Río Negro. A parte leste do parque linda coa reserva extractivista do río Unini ao norte, que discorre pola beira oposta do río Unini. O parque limita ao noroeste coa Reserva de desenvolvemento sustentable de Amanã. Ao leste, preto do río Negro, o parque linda co Parque Estatal Río Negro Sector Norte ao sur.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade no Brasil

Bibliografía

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Brasil Categoría:Parques nacionais do Brasil Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1980