Nathan Rosen, nado en Brooklyn (Nova York) o 22 de marzo de 1909 e finado en Haifa (Israel) o 18 de decembro de 1995, foi un físico israelí.

Traxectoria Rosen foi o coautor con Albert Einstein e Boris Podolsky dun artigo de probas da Physical Review de 1935 ("¿Pode considerarse completa a descrición Mecano-Cuántica da realidade física?") sobre o paradoxo da EPR na mecánica cuántica. Tamén foi co-descubridor da ponte Einstein-Rosen na relatividade xeral. Rosen foi o fundador do Instituto de Física no Technion de Haifa, onde hai series de conferencias que leva o seu nome.

Obra Algunhas publicacións

"Can quantum mechanical description of physical reality be considered complete?". Albert Einstein, Boris Podolsky, Nathan Rosen (Princeton, Inst. Advanced Study) 1935. 4 p. Phys.Rev. 47:777-780 (en Wheeler, J.A., Zurek, W.H. (eds.) Quantum theory and measurement, Princeton U. Press, 1983 pp. 138–141) "The Particle Problem in the General Theory of Relativity". Albert Einstein, N. Rosen (Princeton, Inst. Advanced Study). 1935. Phys. Rev. 48: 73-77, 1935. "Energy and momentum of cylindrical gravitational waves". N. Rosen (Technion) K. S. Virbhadra 1993. Gen. Rel. Grav. 25: 429-433, 1993. "On Gravitational waves". Albert Einstein, N. Rosen. 1937. 12 p. J. Franklin Inst. 223: 43-54, 1937. "General Relativity and Flat Space. I." N. Rosen (MIT) 15 de xaneiro de 1940. 3 p. Phys.Rev. 57: 147-150, 1940.

Notas

Véxase tamén

Richard Feynman Burato de verme Sticky bead argument, para un relato do estraño episodio de Einstein e Rosen en 1937.

Ligazóns externas

Coence actual Ponte Einstein-Rosen

Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Físicos cuánticos Categoría:Físicos de Israel Categoría:Nados en Brooklyn

Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1995