Os Bestilleiros é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2022 tiña 14 habitantes (6 homes e 8 mulleres).
Toponimia Carré Alvarellos aboa a voz Bestilleiro como “Besteiro, soldado armado de bésta”, indicando que se trata dun arcaísmo. De aceptarmos a vinculación do topónimo con este substantivo, poderiamos explicar a denominación do lugar pola existencia no mesmo dalgún tipo de destacamento militar en época medieval. Por outra banda, a forma documéntase como apelido persoal tanto na actualidade como no período medieval (Pedro Bestileyro 1261), co cal tampouco deberiamos descartar que o nome de lugar teña esa orixe, atendendo ademais a que aparece flexionado en plural.
Lugares e parroquias Lugares de Arante
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo
Categoría:Lugares de Ribadeo