Heriberto Julio López Bello, nado en Ourense o 11 de maio de 1907 e finado en Guadalaxara (México) o 10 de maio de 1959, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de Amadeo López Vázquez e da mestra Amparo Bello Carballo. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre de Cornoces (Amoeiro) durante cinco anos. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 estivo detido durante vinte e cinco días. Militante da UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo. Pasou á Prisión Provincial de Ourense o 24 de xaneiro de 1937 e foi posto en liberdade o 8 de febreiro. Condenado á pena de morte en consello de guerra o 23 de abril de 1937. Volveu ingresr na Prisión de Ourense o 10 de outubro procedente da Prisión de Talavera de la Reina. Foi trasladado a Irún para un intercambio de presos o 28 de xuño de 1938. Foille conmutada a pena e cambiado en Luarca o 4 de outubro de 1938.Ficha en Tolosa Oroimena Rehabilitado como mestre polo goberno republicano en novembro de 1938,Gaceta de la República, 15-11-1938, p. 567. foi Miliciano da Cultura e serviu na Artillaría de Costa da Comandancia de Barcelona, onde ingresou no PSOE. Coa caída de Cataluña pasou a Francia por Portbou o 10 de febreiro de 1939 e foi internado nos campos de concentración de Saint Cyprien e Barcarès-sur-Mer ata que o 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a MéxicoAsilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia arribando a Veracruz o 13 de xuño. Pertenceu ao sector negrinista do PSOE en México. Finou en México en 1959.El Socialista Español, 122, agosto 1959, p. 3.

Vida persoal

Casou en Colima con Laura Arreola Chávez en 1947. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente persoal do recluso Heriberto López Bello

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1959