Iria Ribadomar Molina, nada en Cambados en 1984, é unha pintora e ilustradora galega.

Traxectoria Iria Ribadomar medrou nun fogar onde as manualidades, a artesanía e o debuxo estaban presentes sobre todo nas mans da súa nai e a súa tía. Ela desde nena tivo o pasatempo de debuxar que nunca deixou de facer, e foi explorando e descubrindo a súa vocación. miniatura|Edificio de Correos (Santiago de Compostela) Marchou a Santiago de Compostela no ano 2003 para estudar artes plásticas e arquitectura éfemeraArtigo en La Voz de Galicia na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASDE). Anos despois solicitou un permiso de actividades artísticas na rúa e no ano 2009 comezou a pintar, expoñer e vender a súa obra no centro histórico de Santiago. Para ela ese tempo foi coma un máster de arte ao aire libre e unha experiencia clave na que puido mostrar o seu traballo a persoas de todo o mundo, desde os soportais do edificio de Correos da cidade.

Reivindica os costumes e a cultura galega, rexeitando a idea da baixa autoestima que di que se ten en Galicia. Por iso, como xesto activista leva posto o mandil desde o principio, poñendo en valor ás mulleres, inspiradoras da súa obra. Deste xeito é coñecida como a artista do mandil, que sempre loce orgullosa.Como muller, galega e de clase traballadora, síntome moi identificada coas señoras con mandil que levan o peso das responsabilidades impostas na súa vida con moita dignidade. Obra No seu traballo emprega a combinación do debuxo e a pintura. Os proxectos que fai abranguen un abano variado, desde deseños de carteis, ilustracións decorativas, portadas de publicacións, escenografías, embalaxes, etc. No ano 2013 creou Deica! Creacións, un proxecto arredor da cultura galega no que sintetiza o que para ela representa a identidade galega.Artigo na páxina web da Cidade da Cultura O recoñecemento social da súa obra parte do diálogo orixinal que a artista mantén cos símbolos da matría galega, sendo a súa obra máis recoñecida a bandeira da Serea.

Ribadomar está convencida do poder da arte como ferramenta de cambio social, por iso participa en actividades feministas e de fomento da arte como o Delas Fest, o primeiro festival feminista de arte urbana e conceptual de Europa, na ou iniciativas con motivo de Día de Rosalía, sumándose a campaña #euquedonacasa orixinada en 2020 pola situacíón de pandemia do COVID-19, ou no Día da Ilustración. Neste último caso, no ano 2021, Ribadomar fixo un cartel de homenaxe a figura de Lolita Díaz Baliño, precursora da ilustración en Galicia e referente para ilustradoras galegas.

Tamén colaborou na creación de imaxes para datas sinaladas coma o 8 de marzo, o 25 de xullo ou o 25 de novembro... así como no cartel para as Festas da Ascensión no ano 2018 rendéndolle unha homenaxe ás mulleres, ás persoas que traballan durante as festas e ós carteis de principios do século XX.

No ano 2019 presentou o Rueiro de Cambados, do que fixo o deseño. Foi o primeiro, nese momento, trilingüe con elementos en tres dimensións e poñendo en valor os principais recursos turísticos da súa localidade natal.

Publicou dous libros de actividades para colorear e pintar, Un libro para pintar en galego. (2017) e II Libro para pintar en galego (2018), editados por Sacaúntos, en castelán e galego.

Exposicións II Mostra do Cuadrante Norte, Vilagarcía, 2003.

Cores para Cabanillas, Cambados, 2009. Exposición efémera na rúa, Santiago de Compostela, 2009-2019. Saudarte, Cambados, 2012. Conexións, Vilagarcía de Arousa, 2013.Artigo no Faro de Vigo Píntao de Rock, Cambados, 2013. Iniciación en las ciencias físiconaturales, Santiago de Compostela, 2013. Encontro, Cambados, 2013. Son de cambados Cambados, 2014. Exposición con Annika Fernández, Cambados, 2014. Exposición individual, Pontevedra, 2014. Case nada en común, Santiago de Compostela, 2017. Exposición individual, Cambados, 2018. Exposición individual, Agolada, 2018. Exposición individual, Nigrán, 2018. Exposición colectiva de ilustración galega da AGPI, São João da Madeira, 2019.Artigo en Público Colleita, Cambados, 2019. Corentena, Cambados, 2020.Artigo en La voz de Galicia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Deica! Creacións (páxina oficial) Entrevista no programa, Quen anda aí? (min: 2:25:00) Iria Ribadomar - Ollar en breve. Testemuñas audiovisuais

Categoría:Pintores de Galicia

Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Deseñadores de Galicia Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1984