Modesto Moyrón Arias, nado no Barco de Valdeorras o 8 de outubro de 1893 e finado en Guadalaxara (México) o 21 de marzo de 1975, foi un funcionario e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Modesto Moyrón Carreras. Sarxento de Infantaría no Protectorado Español de Marrocos dende 1914, represaliado pola ditadura de Primo de Rivera. Foi redactor de Diario Marroquí de Larache en 1916-1917 e 1929-1930, Voz de África e La Opinión de Ceuta entre 1927 e 1928, de Heraldo de Marruecos de Tánxer en 1929-1930 e de El Imparcial de Madrid entre 1930 e 1931. Coa proclamación da República trasladouse a Madrid onde foi funcionario de Estatística do Concello de Madrid. Afiliado á UGT dende marzo de 1932, foi tamén militante do Partido Comunista de España, que abandonou no exilio. Na guerra civil foi presidente executivo do Consejo Nacional de Refugiados (novembro de 1936 - febreiro de 1937); xefe de aloxamento de refuxiados do Ministerio de Traballo (febreiro - setembro de 1937); conselleiro de Instrucción Pública de la infancia evacuada (setembro de 1937 - abril de 1938) e secretario xeral do Servizo Nacional de Crédito Agrícola. Coa derrota da República exiliouse en Perpiñán.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia
Vida persoal
Casou con Antonia Matamala Ramos e foi pai de Miguel, Antonio, Fernando e Modesto Moyrón Matamala.España y la Paz, 20-21, 1-10-1952, p. 12. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1975