Dólar de prata do 50 aniversarioda segunda guerra mundial360x360pxA/: Soldado no Desembarco de Normandía. Data e marca de gravador (TDR). Lendas: D-DAY JUNE 6, 1944 / 1991-1995 / LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Insignia do Cuartel Xeral Supremo da Forza Expedicionaria Aliada e cita de Dwight D. Eisenhower. Marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM/ ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Thomas D. Rogers. Datas de emisión: 1993 Ceca: US Mint: Cecas de West Point (W) e de Denver (D). Tiraxe: 449.281 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do 50 aniversario da segunda guerra mundial é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1993 e cuñada polas Casas da Moeda de West Point e de Denver.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 102-414, do 14 de outubro de 1992,"Public Law 102-414 - OCT. 14, 1992". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas para conmemorar o 50 aniversario da participación dos Estados Unidos na segunda guerra mundial.
Deseño
No anverso da moeda, deseñado e gravado por Thomas D. Rogers, represéntase un soldado avanzando durante o Desembarco de Normandía, na segunda guerra mundial, con trincheiras ao fondo. A inscrición alusiva ao feito conmemorado é D_DAY JUNE 6, 1944 / 1991-1995, e completan as lendas do anverso os lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), característicos das moedas estadounidenses."(1991-1995) World War II 50th Anniversary Dollar". United States Mint."1 Dollar World War II". Numista.com miniatura|212x212px|Insignia do Cuartel Xeral Supremo da Forza Expedicionaria Aliada, reproducida no reverso deste dólar conmemorativo. Pola súa banda, o reverso, tamén obra de Thomas D. Rogers, reproduce a insignia do Cuartel Xeral Supremo da Forza Expedicionaria Aliada, xunto con esta cita de Dwight D. Eisenhower tirada da súa mensaxe ás tropas con motivo do Día D: I HAVE FULL CONFIDENCE IN YOUR COURAGE, DEVOTION TO DUTY AND SKILL IN BATTLE. WE WILL ACCEPT NOTHING LESS THAN FULL VICTORY! ("Confío plenamente no voso valor, na vosa devoción ao deber e na vosa habilidade na batalla. Non aceptaremos nada máis que a vitoria!"). Este motivo do reverso está rodeado polas lendas alusiva ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina de un millón de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de West Point se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A emisión foi presentada e posta ao dispor do público o día 28 de maio de 1993.
A súa produción foi de 107.240 moedas na súa condición estándar e 342.041 en versión proof, o que fai un total de 449.281 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1993 World War II 50th Anniversary (1991-1995)". United States Mint.
Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 28 dólares en condición estándar e 31 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, os beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados ás organizacións Battle of Normandy Foundation e World War II Memorial, para financiar a erección dun monumento en Normandía, Francia, conmemorativo do Día D e da Batalla de Normandía, así como un monumento conmemorativo no Distrito de Columbia dedicado aos estadounidenses que participaron na segunda guerra mundial .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1991-1995 World War II Silver Dollar (1993)" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América