Manuel Marinho Alves, coñecido como Maneca, nado en Salvador o 28 de xaneiro de 1926 e finado no Río de Xaneiro o 14 de xullo de 1961, foi un futbolista brasileiro. Tras comezar no Galícia, desenvolveu a maior parte da súa carreira no Vasco da Gama, club co que marcou 137 goles. Foi internacional coa selección brasileira no Mundial de 1950.
Traxectoria Comezou a súa carreira como futbolista no Galícia da súa cidade natal, co que gañou o Campionato Baiano de 1943.
Pasou logo polo Vitória e en 1946 fichou polo Vasco da Gama, no que militou durante 9 anos. Gañou con este club catro Campionatos Cariocas e o Campionato Suramericano de Clubs de 1948, considerado o antecesor da Copa Libertadores. Ocupa o 12º lugar na táboa de máximos goleadores da historia do Vasco da Gama, con 137 tantos.
Posteriormente xogou no Bangu, no Bahia, no Fluminense de Feira e pechou a súa carreira no mesmo club no que empezara, o Galícia, en 1957.
Selección brasileira Foi internacional coa selección brasileira, coa que participou no Mundial de 1950. Disputou catro partidos durante o torneo e marcou un tanto na goleada por 7-1 sobre Suecia. Quedou no banco no partido final, no que o seu equipo caeu ante o Uruguai no chamado Maracanazo.
Morte O 28 de xuño de 1961 tentou suicidarse inxerindo cianuro de mercurio. Faleceu no Hospital Miguel Couto 16 días despois.
Palmarés Galícia Campionato Baiano (1): 1943.
Vasco da Gama Campionato Carioca (4): 1947, 1949, 1950, 1952. Torneo Octogonal Rivadávia Corrêa Meyer (1): 1953. Campionato Suramericano de Campións (1): 1948.
Bahia Campionato Baiano (1): 1956.
Notas
Categoría:Nados en Salvador, Baía Categoría:Nados en 1926 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Galícia Esporte Clube Categoría:Xogadores do EC Vitória Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do EC Bahia Categoría:Xogadores do Bangu Atlético Clube Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Suicidios en 1961 Categoría:Suicidas do Brasil