Os galegos en Suíza son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Suíza. No ano 2016, eran arredor de 40 983 habitantes. A inmigración galega en Suíza formou unha das maiores comunidades de galegos en Europa, sendo a maior diáspora galega nun país europeo, por diante de Francia. Suíza ocupa o quinto lugar do mundo con máis presenza galega, por diante doutros países europeos como Alemaña ou o Reino Unido.

Historia miniatura|Cartel de 1973: ¡ATENCIÓN TRABAJADORES Y FAMILIARES!. Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder. Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.

Censo electoral de galegos residentes en Suízapor provincia de inscrición, a 1/9/2023 Instituto Nacional de Estadística Provincia da Coruña 16.491 Provincia de Lugo 2.757 Provincia de Ourense 7.879 Provincia de Pontevedra 6.743 Total de galegos en Suíza 33.870

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Diáspora galega Ligazóns externas Garrido Rial, Santiago (28/4/2019). "El gran éxodo a Suíza cumple 60 años". La Voz de Galicia (en castelán).

Categoría:Grupos étnicos de Suíza Suíza