O corazón valente de Irena Sendler (en ) é un telefilme de 2009 dirixido por John Kent Harrison. É unha coprodución entre os Estados Unidos, o Canadá e Polonia. O guión foi escrito por Harrison e Lawrence John Spagnola, e baséase na biografía de 2007 Die Mutter der Holocaust-Kinder: Irena Sendler und die geretteten Kinder aus dem Warschauer Ghetto,DVA Dt.Verlags-Anstalt, / English translation 2010: The Mother of the Holocaust Children por Anna Mieszkowska e céntrase en Irena Sendler, unha traballadora social polaca que axudou a protexer de contrabando uns 2.500 nenos xudeus durante a segunda guerra mundial.

É unha produción de Hallmark Hall of Fame e foi rodada en Riga, Letonia. Foi emitido a través da CBS o 19 de abril de 2009, e estreouse en DVD nas tendas de Hallmark Gold Crown en xuño dese mesmo ano.

Personaxes

Anna Paquin como Irena Sendler Marcia Gay Harden como Janina Krzyżanowska Goran Višnjić como Stefan Nathaniel Parker como Dr. Majkowski Michelle Dockery como Ewa Rozenfeld Steve Speirs como Piotr Iddo Goldberg como Jakub Rozenfeld Paul Freeman como Monsignor Godlewski Danny Webb como Trojan Krzysztof Pieczyński como Dr. Janusz Korczak Leigh Lawson como Rabbi Rozenfeld Maja Ostaszewska como Jadwiga Danuta Stenka como Hannah Rozenfeld Olga Bołądź como Zofia William Ellis como Wiktor Rebecca Windheim como Karolina Rozenfeld

Notas

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes dirixidos por John Kent Harrison Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes rodados en Letonia Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego