Os galegos en Francia son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Francia. No ano 2016, eran arredor de 18 000 habitantes. A inmigración galega en Francia formou unha das maiores comunidades de galegos en Europa, sendo a segunda maior diáspora galega nun país europeo, só por detrás de Suíza. Francia ocupa o oitavo lugar do mundo con máis presenza galega, por diante doutros países europeos como Alemaña ou o Reino Unido.
Historia miniatura|Cartel de Viajes Norda, ofrecendo billetes desde A Coruña a Xenebra, Lausana, Berna, Zürich, París, Londres, Colonia, Düsseldorf, Hannover, Stuttgart, Frankfurt e Hamburgo. Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder. Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido. Censo electoral de galegos residentes en Franciapor provincia de inscrición, a 1/9/2023 Instituto Nacional de Estadística Provincia da Coruña 4.258 Provincia de Lugo 2.317 Provincia de Ourense 5.219 Provincia de Pontevedra 5.536 Total de galegos en Francia 17.330
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alonso Antolín, María Cruz (1983). La emigración gallega asistida a la República Federal de Alemania, Francia y Suiza (en castelán). Ministerio de Trabajo y Seguridad Social. ISBN 84-500-9332-5. Duroux, Rose (2002). "La emigración a Francia (segunda mitad del siglo XX). Unas reflexiones sobre retornos y reintegraciones". Hispania (en castelán) (CSIC) 211: 577–596. ISSN 1988-8368. Olveira Olveira, Esther (2000). "A emigración española a Francia". O interculturalismo na nova Europa . Xunta de Galicia. pp. 105–160. ISBN 84-453-2881-6. Xunta de Galicia (1994). "Informe. Colonia Gallega de residentes en países europeos. Evolución, repercusiones positivas de la Europa unida para los gallegos residentes en el exterior" (en castelán). Santiago de Compostela: Secretaria Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas: 4.
Outros artigos A Nosa Casa de Galicia en París
Categoría:Grupos étnicos de Francia Francia