Juan Pérez Díaz, nado na Aldea de Cela (Irixoa) en 1928 e finado o 23 de novembro de 2005, foi un político galego.

Traxectoria Traballou como tratante de madeira e no Pazo de Mariñán. Foi concelleiro en Irixoa entre 1961 e 1967. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro e tenente de alcalde pola UCD, que obtivo a maioría absoluta, continuando tralas municipais de 1983 por CP, que tamén logrou maioría absolutaLa Voz de Galicia A Coruña, 18-6-1988, p.37.

Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG e foi elixido alcalde con maioría simple, establecendo unha coalición co PSdeG-PSOE. Foi un dos alcaldes da coalición que, en xuño de 1989, respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada polo socialista Salvador Fernández Moreda contra o popular José Manuel Romay Beccaría na Deputación da Coruña. Presentouse por Veciños de Irixoa nas municipais de 1991 e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 encabezou o PPdeG e mantivo a alcaldía con maioría absoluta, ó igual que en 1999 e 2003. Faleceu o 23 de novembro de 2005, e foi substituído polo tamén popular Antonio Deibe Sanmartín.

Vida persoal Casou e tivo unha filla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Irixoa

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Juan Pérez Díaz será enterrado esta tarde en Santa María de Verines en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Irixoa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Irixoa Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes