Antonio Castro Lema, nado en Laxe en 1933 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2021, foi un político galego conservador e alcalde de Laxe durante dúas décadas.
Traxectoria IndustrialNova en La Voz de Galicia Carballo, 29-5-1999 p.42. Iniciou a súa carreira política en 1966 cando intentou ser elixido concelleiro en Laxe polo terzo familiar, o cal abaría conseguindo en 1974. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Laxe con maioría absoluta pola Agrupación Independente de Laxe. Nas municipais de 1983 revalidou a maioría absoluta como candidato da coalición de AP. En 1987 foi reelixido con maioría absoluta encabezando a CPG, sendo un dos alcaldes desta coalición que estaban en desacordo co apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura na Deputación da Coruña contra José Manuel Romay Beccaría en xuño de 1989.
Presentouse ás municipais de 1991 polo PPdeG, e foi reelixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que nas municipais de 1995. Nas municipais de 1999 perdeu a alcaldía fronte ó PSdeG-PSOE, tras un reconto no que nun principio socialistas e populares empataran a votos, o cal houbese levado a un sorteo, porén, a aparición de dous sobres de emigrantes nunha papeleira e diversas irregularidades máis en torno á votación da emigración supuxo que ó PP se lle anulasen 5 votos, dándolle a vitoria e a maioría absoluta ó PSdeGLa Voz de Galicia Carballo, 21-7-1999 p.36. Volveu se-lo candidato do PPdeG nas municipais de 2003, pero volveu ser derrotado de novo polos socialistas, que ampliaron aínda máis a súa vantaxe, polo que sigueu como portavoz na oposición e retirouse da primeira liña política á fin de dito mandato.
Vida persoal Casou e tivo 3 fillas. Finou o 10 de febreiro de 2021 no CHUAC da Coruña, onde estaba ingresado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Laxe
Ligazóns externas Muere Antonio Castro, que fue alcalde de Laxe Laxe, un paraíso en el Noroeste
Categoría:Alcaldes de Laxe Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Laxe Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2021