Manuel Emilio Martínez-Baladrón García, coñecido como Manuel Emilio Martínez García-Baladrón e Emilio Martínez Baladrón, nado en Santiago de Compostela e finado na Ponte Maceira (Portor, Negreira) o 4 de marzo de 1970, foi un avogado e empresario galego.
Traxectoria miniatura|Pazo de Baladrón. Fillo do médico Emilio Martínez Baladrón e de Josefa García Elizagaray, filla única e herdeira de Ramón García Mouriño. O seu pai non exerceu a medicina, senón que se dedicou á administración dos negocios herdados pola súa muller, finando en xaneiro de 1936.El Eco de Santiago, 14-1-1936, p. 3. Emilio licenciouse en Dereito e foi o herdeiro dos negocios familiares. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era suboficial de Complemento de Artillaría en Santiago de Compostela, encabezou a subscrición para o Exército con 20.000 pesetas e puxo a disposición da Junta de Defensa Nacional a súa fortuna estimada en 30.000 libras esterlinas; inmediatamente foi ascendido a alférez e marchou á fronte.El Eco de Santiago, 6-8-1936, p. 2. O 6 de novembro de 1936 foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela e primeiro tenente-alcalde na corporación presidida por Manuel García Diéguez.El Eco de Santiago, 7-11-1936, p. 3. Foi ferido na fronte de Madrid o 26 de decembro de 1936.El Pueblo Gallego, 25-11-1937, p. 9. Ascendido a tenente en maio de 1937;El Compostelano, 13-5-1937, p. 2. convalecente, pediu o asesoramento de Ramón Baltar, quen o acompañou a Alemaña para operarse en Wrocław en agosto de 1937.Ramón Baltar Estivo nun Hospital de Wrocław ata decembro dese ano.El Eco de Santiago, 27-12-1937, p. 3. Foi xefe da Sección de Donativos do Cuartel General del Generalísimo en Burgos, que xestionou o patrimonio de Franco durante a guerra.El Compostelano, 3-7-1939, p. 2. Foi presidente do Casino de Santiago. Foi membro dos consellos de administración de Fenosa e de FRINSA. Construíu o pazo de Baladrón na Ponte Maceira e mercou o castelo de Doiras. Amigo de Franco, no seu pazo de Baladrón celebráronse reunións na ditadura. Finou no pazo da Ponte Maceira o 4 de marzo de 1970.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-3-1970, p. 15.
Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto de Santiago de Compostela en agosto de 1936.El Eco de Santiago, 17-8-1936, p. 2. Medalla do Mérito Militar con distintivo branco. Comendador da Orde de Isabel a Católica.
Vida persoal
Casou coa súa prima segunda Carmen García Elizagaray en xuño de 1933,El Compostelano, 23-6-1933, p. 2. e non tivo fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Finados en 1970