Leoncio Rubín de Celis Oroña, nado en Redondela o 12 de setembro de 1810 e finado en Madrid o 23 de setembro de 1875, foi un militar e político galego.

Traxectoria Iniciou a súa carreira militar no ano 1829 no rexemento provincial de Tui co rango de subtenente de milicia. Entre 1834 e 1844 combateu na guerra contra os carlistas, acadando diferentes condecoracións e ascendendo a Tenente Coronel de Estado Maior. En outubro de 1844 foi detido e encausado. Sobresida a causa ao ano seguinte, foi posto en liberdade en febreiro, pasando á situación de cuartel en Galicia.

Durante a revolución galega de 1846 sublevou a praza de Vigo e exerceu o mando da segunda división do Exército Libertador de Galicia co que dirixiu o intento de conquistar Ourense. O cargo duroulle unicamente dez días (do 15 ó 24 de abril). No último, saíron en dirección a Soutelo de Montes, onde se decataron do fracaso de Miguel Solís na Batalla de Cacheiras e detivéronse a descansar ata a mañá do 25, cando foron cara á Estrada e Cuntis, quizais coa idea de pasar a Portugal. Á noite Rubín fuxiu co seu axudante en dirección a Vigo, para poder embarcar con destino ó estranxeiro.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Retornou amnistiado a España. En 1854 foi nomeado gobernador militar da Provincia de Pontevedra e sucesivamente da de Alacant e da de Valladolid. Foi promovido a Mariscal de Campo en 1856.La Oliva, 3-9-1856, p. 2. En 1859 combateu en África nas batallas dos Castillejos, de Cabo Negro e Tetuán. No seu regreso ocupou os cargos de capitán xeneral de Estremadura (1864), Granada (1865) e Andalucía (1871).

Foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en 1858, 1863 e 1864 e polo de Vigo en 1865; nas eleccións de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Vigo.

Finou en Madrid o 23 de setembro de 1875.El Diario de Santiago, 27-9-1875, p. 2. Recoñecementos Orden de Isabel la Catolica (1856). Orden de Carlos III (1860).

Cabaleiro da Orden de San Fernando. Vida persoal Casou con Carolina de Llano y Larrea, que finou en Vigo en abril de 1886.La Voz de Galicia, 27-4-1886, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Batalla de Cacheiras

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Revolución de 1846 Categoría:Nados en Redondela

Categoría:Nados en 1810

Categoría:Finados en 1875 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos