Monika Henzinger, nada en Weiden in der Oberpfalz, Alemaña, o 17 de abril de 1966, é unha informática alemá que dirixiu o Departamento de Investigación de Google, foi profesora na Universidade Cornell e na Escola Politécnica Federal de Lausana e dende o 2009 é profesora na Universidade de Viena. Está especializada principalmente en algoritmos con especial atención ás estruturas de datos, a teoría de xogos algorítmica, e a recuperación de información na Web.
Traxectoria Despois de graduarse no Instituto Elly-Heuss comezou a estudar Informática na Universidade de Erlangen e posteriormente na Universidade do Sarre en Saarbrücken, Alemaña. Obtivo o seu título de doutora en Ciencias da computación pola Universidade de Princeton en 1993. A continuación traballou na Universidade de Cornell como profesora asociada. En 1999 Monika Henzinger foi contratada polo Departamento de Investigación de Google en California, do foi directora entre o 2000 e o 2004. Trasladouse á Escola Politécnica Federal de Lausana en Suíza no 2005.Trasladouse á Universidade de Viena no curso 2009/2010. Alí dirixe o grupo de investigación de Teoría e aplicación de algoritmos, centrado en atopar solucións para reducir o tempo de execución co fin de diminuír os custos en hardware e en consumo de enerxía na informática.
Monika Henzinger casou con Thomas Henzinger e ten unha filla.
Premios e recoñecementos 2001: Top 25 Women on the Web Award 2004: European Young Investigator Award 2009: Olga Taussky Pauli Fellowship 2010: Membro da Curia Xove da Academia Austríaca de Ciencias 2011 Premio de Investigación Google 2013/2019: ERC Advanced Grant do Consello Europeo de Investigación 2013: Membro da Academia Europaea 2013: Doutora honoris causa da Universidade Técnica de Dortmund 2014:Medalla Carus da Academia Alemá de Ciencias Leopoldina 2016: Membro da Association for Computing Machinery 2017: Elixida como membro correspondente da división de Matemáticas e Ciencias Naturais da Academia Austríaca de Ciencias 2021: Premio Wittgenstein
Publicacións
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web da Cátedra na Universidade de Viena (en inglés)
Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Lausana Categoría:Informática Categoría:Enxeñeiros de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade do Sarre Categoría:Profesores da Escola Politécnica Federal de Lausana Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Técnica de Dortmund Categoría:Profesores da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade de Erlangen-Nürnberg Categoría:Enxeñeiros informáticos Categoría:Membros da Academia Europaea Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Weiden in der Oberpfalz