O Gran Camiño é unha carreira ciclista galega por etapas, creada en 2022. Forma parte do UCI Europe Tour.

Historia A carreira naceu grazas á iniciativa do exciclista galego Ezequiel Mosquera e ao seu esforzo por volver ter unha carreira ciclista profesional en Galicia máis de 20 anos despois, dende que a Volta ciclista a Galicia perdese a condición de profesional no ano 2000. En novembro de 2021 Mosquera asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a organización en febreiro de 2022 dunha carreira de catro etapas, co nome de "O Gran Camiño".

A primeira edición da proba contou con 18 equipos, 4 deles da máxima categoría mundial, e a participación destacada de Alejandro Valverde, no ano da súa retirada. O estradense Alejandro Marque portou o dorsal número 1 e o dinamarqués Magnus Cort gañou a primeira etapa, disputada entre O Porriño e Vigo. Alejandro Valverde converteuse no primeiro vencedor do Gran Camiño, con sete segundos de vantaxe sobre o segundo, o canadense Michael Woods.

Palmarés +AnoCiclistaEquipo2022 Alejandro ValverdeMovistar Team2023 Jonas Vingegaard Team LottoNL-Jumbo2024 Jonas VingegaardTeam LottoNL-Jumbo2025 Derek GeeUno-X Mobility

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Datos sobre a carreira en cqranking.com . Datos sobre a carreira en firstcycling.com . Datos sobre a carreira en procyclingstats.com .