Sandrine Bony-Léna, nada no século XX, é unha física francesa centrada principalmente no estudo da climatoloxía. É a directora da rama de investigación do Centro Nacional para a Investigación Científica (CNRS), situado en Francia. Alí estuda os procesos nubrados que afectan á dinámica atmosférica e a comprensión dos climas, tanto actuais como futuros. Foi un dos principais participantes do Cuarto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático que tivo lugar en 2007.
Traxectoria Sandrine Bony realizou os estudos de maxisterio interuniversitario de Física ( Algúns dos centros onde ampliou os seus coñecementos foron os seguintes, École Polytechnique, Universidade Pierre e Marie Curie e Escola Normal Superior de París).
En 1993, sostivo na Universidade Pierre e Marie Curie a súa tese titulada Analyse de l'impact des nuages et de la vapeur d'eau sur le cycle saisonnier du bilan radiatif terrestre; implications pour la sensibilite climatique dirixida por Hervé O Treut..
Entre 1994 e 1996 traballou como investigadora posdoctoral no Centro Nacional de Estudos Espaciais, visitante científica da Climate and Radiación Branch da NASA no Centro de voo espacial e no Center for Clouds, Chemistry and Climate da Fundación Nacional de Ciencias. Converteuse na directora de investigacións CNRS no Instituto Pierre-Simon-Laplace, onde exerceu como tal entre 1996 e 2010.
Dende 2010, leva a cabo as súas investigacións no laboratorio de meteoroloxía dinámica da Universidade Pierre e Marie Curie.É membro da Fundación de cooperación científica para a educación á ciencia, que recibe o nome de "A main à pâte".
Premios e Recoñecementos
2018;: Medalla de prata do CNRS. 2017: Premio Gérard Mégie da Academia das Ciencias de Francia. 2012: Premio Bernard Haurwitz Memorial Lecturer outorgado pola Sociedade estadounidense de meteroloxía (American Meteorological Society, AMS). 2017: Caballero da Lexión de Honra.
Obras
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clima, modelos e comportamentos : que contribucións ás incertezas sobre as proxeccións de cambio climático? conferencia
Categoría:Alumnos da Universidade Pierre e Marie Curie Categoría:Nados no século XX Categoría:Físicos de Francia Categoría:Climatólogos de Francia