Sergey Nikolayevich Riazanski, nado en Moscova o 13 de novembro de 1974, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-10M e Soiuz MS-05 e foi membro das expedicións 37, 38, 52 e 53 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Riazanski graduouse en bioquímica na Universidade do Estado en Moscova en 1996. Doutorouse en 2006 e foi seleccionado como cosmonauta en 2003, participando nas misións Soiuz TMA-10M e Soiuz MS-05 e sendo membro das expedicións 37, 38, 52 e 53 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 304,97 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-10M Soiuz MS-05 Expedición 37 Expedición 38 Expedición 52 Expedición 53 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Moscova