E un voou sobre o niño do cuco (en ) é unha novela escrita por Ken Kesey publicada orixinalmente en 1962. Ambientado nun hospital psiquiátrico de Oregón, a narrativa serve como un estudo dos procesos institucionais e da mente humana, así como unha crítica da psiquiatría e un tributo aos principios individualistas. Foi adaptada nunha obra de Broadway por Dale Wasserman en 1963. Bo Goldman adaptou a novela no filme Alguén voou sobre o niño do cuco, dirixido por Miloš Forman, o cal gañou cinco Premios Óscar.
A revista Time incluíu a novela na súa lista das "100 mellores novelas en inglés de 1923 a 2005". No ano 2003 foi incluído na enquisa The Big Read da BBC poll sobre as 200 "novelas máis apreciadas"."BBC – The Big Read". BBC, abril de 2003, consultado o 23 de agosto de 2017
Foi traducido ó galego por Neila García Salgado e foi publicado pola editorial Kalandraka no ano 2020.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1962 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego