Valeri Victorovich Riumin, nado en Komsomolsk-na-Amure o 16 de agosto de 1939 e finado o 6 de xuño de 2022, foi un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz 25, Soiuz 32, Soiuz 35, Soiuz 34, Soiuz 37 e STS-91.

Traxectoria Riumin graduouse na Facultade Técnica de Enxeñaría Mecánica de Kaliningrado en 1958. En 1966 graduouse no Departamento de Electrónica e Tecnoloxía da Computación do Instituto de Enxeñaría Forestal de Moscova. Foi seleccionado como cosmonauta en 1973, participando nas misións Soiuz 25, Soiuz 32, Soiuz 35, Soiuz 34, Soiuz 37 e STS-91 e pasando un total de 371,73 días no espazo. Estaba casado coa cosmonauta Elena Kondakova. Finou o 6 de xuño de 2022 aos 82 anos de edade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 25 Soiuz 32 Soiuz 35 Soiuz 34 Soiuz 37 STS-91

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados no krai de Khabarovsk