Eva Herzigová, nada en Litvínov o 10 de marzo de 1973 é unha supermodelo e actriz checa.
Traxectoria Herzigová naceu en Litvínov, entón en Checoslovaquia, filla dunha contable e un electricista. Comezou a traballar como modelo tras gañar un concurso de beleza en Praga en 1989. Foi membro de Metropolitan Models, de Thomas Zeumer.
Tras chegar a París, a súa popularidade aumentou. A súa primeira aparición importante como modelo foi para a primeira campaña do Wonderbra. En 1994, o executivo de publicidade Trevor Beattie, que traballaba para TBWA/London, creou un anuncio para a campaña "Hello Boys" de Sara Lee. Incluía un primeiro plano de Herzigová levando un Wonderbra negro. O anuncio empregaba só dúas palabras: "Hello boys" ("Ola, rapaces"). O influente póster mostrouse nunha exposición no Victoria and Albert Museum de Londres e foi votado no número 10 nun concurso do "Póster do Século". O cartel foi votado en 2011 como o anuncio máis icónico das cinco décadas anteriores por parte de Outdoor Media Centre.
Herzigová tamén participou en campañas para Guess?, o catálogo de Victoria's Secret e Sports Illustrated. Apareceu en numerosas revistas de moda internacionais, tendo portadas en Vogue, Harper's Bazaar, Elle, Marie Claire, Numéro e Allure. Desfilou para diferentes deseñadores como Louis Vuitton, Benedetta Dubini, Giles Deacon, Emilio Pucci e Versace.
Herzigová protagonizou un filme artístico sobre moda de Imagine Fashion chamado Decadent Control con Roberto Cavalli. Amosaba creacións de Agent Provocateur e H&M. Herzigová posou para a edición de agosto de 2004 de Playboy. En 2006, interpretou a Venus na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Inverno. En 2016, Herzigová apareceu en campañas para Giorgio Armani e Dior Beauty.
Vida persoal Herzigová casou con Tico Torres, batería de Bon Jovi, en setembro de 1996.Vogue A parella divorciouse en xuño de 1998.
Herzigová ten tres fillos con Gregorio Marsiaj: George (nado o 1 de xuño de 2007), Philipe (nado o 13 de marzo de 2011) e Edward (nado o 20 de abril de 2013)."Eva Herzigova Gives Birth To Second Child" 29 de marzo de 2011, Star Pulse.com
Filmografía TítuloAnoPersonaxeNotasInferno1992 TelefilmeLes Anges gardiens1995Tchouk Tchouk NougatMy Best Friend's Wife1998Frida SetaJust for the Time Being2000ChristineModigliani2004Olga KhokhlovaThe Picture of Dorian Gray 2005sen acreditarEva2005ela mesmacurtametraxe de Gaspar NoéGirl Panic!2011Nick Rhodesvídeo musical de Duran DuranCha cha cha2013MichelleStoryteller2014A Prominent Patient 2017
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Eva Herzigová en Fashion Model Directory
Categoría:Nados na rexión de Ústí nad Labem Categoría:Nados en 1973 Categoría:Modelos femininas Categoría:Actores da República Checa