International Numismata Orientalia é unha serie editorial relativa á numismática de Oriente Medio e da Asia Meridional composta por contribucións de numismáticos especialistas, publicada pola editora londiniense Messrs Trübner & Co. a finais do século XIX.

Concepción A creación da serie baseouse nunha preexistente, titulada Numismata Orientalia e producida polo orientalista William Marsden na primeira parte do século XIX, coa que se iniciaran os estudos e as investigacións acerca da moeda oriental e de toda Asia.

Nun principio, a nova serie estaba concibida para ser unha reedición da Numismata Orientalia de Marsden, mais finalmente transcendeu este propósito e a partir da parte 2 foi rebautizada como International Numismata Orientalia."Marsden's International Numismata Orientalia". En Nature 13 (1876). Páxinas 302-303.

Composición A planificación da serie quedou definida por Edward Thomas no limiar da Parte 1:Edward Thomas (1974). Ancient Indian Weights. "Preface". Páxinas iii-iv.

Parte 1: Edward Thomas (1974). Ancient Indian Weights. Parte 2: Stanley Lane-Poole (1875). Coins of the Urtuki Turkumans. Parte 3: Barclay V. Head (1877). The Coinage of Lydia and Persia. Parte 4: E. T. Rogers (1877). The Coins of the Tuluni Dynasty. Parte 5: Percy Gardner (1877). The Parthian Coinage. Parte 6: T. W. Rhys Davids (1877). On the Ancient Coins and Measures of Ceylon. Parte 7: Frederic W. Madden (1881). Coins of the Jews. Parte 8: Arthur Phayre (1882). Coins of Arakan, of Pegu, and of Burma. Parte 9: Walter Elliot (1886). Coins of Southern India.

Notas

Categoría:Libros de numismática Categoría:Moedas de Asia