Dhaunae de Vir, nada nos Ancares é unha profesional polifacética, desenvolvedora de negocio de videoxogos e transmedia, ex xogadora semiprofesional de eSports.

Traxectoria Dende hai anos vive entre Estocolmo, Madrid e Londres onde traballa para a empresa de videoxogos Paradox Interactive. Ten unha ampla experiencia en proxectos transmedia, incluíndo deseño, produción e programación de videoxogos. Tamén foi xogadora semiprofesional de deportes electrónicos (eSports) e contribuíu á creación do Libro branco dos deportes electrónicos para o Reino Unido.

Na súa traxectoria profesional realizou proxectos de éxito na industria cinematográfica, como Judas Goat , unha serie en liña con subtítulos en galego polo que recibiu un BAFTA New Talent Award e a curtametraxe Sunsets and Silhouetes (Solpores e Siluetas) pola que foi finalista.

Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas GIRL STEM: Dhaunae de Vir e Gisela Vaquero en YouTube.

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Deseñadores de videoxogos