Galera pode designar calquera tipo de navío movido a remos. Algunhas variacións posúen mastros e velas para auxiliar a propulsión; eran navíos moi usados no Mediterráneo.

A orixe do vocábulo é escuro, procede do grego medieval γαλέα [galéa], talvez relacionado con galeos.Henry George Liddell & Robert Scott nao/text?doc=Perseus%3Atext%3A1999.04.0057%3Aentry%3Dgaleo%2Fs Galeos , A Greek-English Lexicon

Características miniatura|200x200px|Galera con mastros e velas|esquerda Algunhas fontes definen con máis precisión o que é unha galera: un tipo de veleiro de tres ou máis mastros e vela redonda, en todos eles, movida a remos ou a vela. Longa e de baixo bordo, este navío servía tanto a mariña de guerra, como a mercante.Dicionário Enciclopédico Koogan-Larousse-Seleções

Galeotes Galeote é o nome que se lle daba aos remeiros das galeras como condenado ou como cativo.

Contrariamente á crenza xeneralizada, non se empregaban escravos como remeiros nas galeras, nin polos bizantinos nin polos árabes, nin sequera polos seus predecesores romanos e gregos. Ao longo da existencia do imperio, as tripulacións bizantinas eran maioritariamente constituídas por homes nacidos libres de clases baixas, que eran soldados profesionais, obrigados por lei a prestar servizo militar (strateia) en troques de pagamento ou terras.

Os pagamentos eran dúas a tres libras (0,91 a 1,4 kg) de ouro. No entanto, tamén se empregaban estranxeiros prisioneiros de guerra.miniatura|Representación artística dunha frota de galeras de guerra da Grecia Antiga.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía Casson, Lionel, The Ancient Mariners: Seafarers and Sea Fighters of the Mediterranean in Ancient Times Princeton University Press, Princeton, NJ. 1991. Haldon, John (1999). Warfare, State and Society in the Byzantine World. Londres: UCL Press. ISBN 1-85728-495-X Ligazóns externas Descrição da Galera na página da Revista da Armada John F. Guilmartin, "The Tactics of the Battle of Lepanto Clarified: The Impact of Social, Economic, and Political Factors on Sixteenth Century Galley Warfare". A very detailed discussion of galley warfare at the Battle of Lepanto Rafael Rebolo Gómez – "The Carthaginian navy"., 2005, Treballs del Museu Arqueologic d'Eivissa e Formentera. "Some Engineering Concepts applied to Ancient Greek Trireme Warships" , John Coates, University of Oxford, The 18th Jenkin Lecture, 1 de outubro de 2005.

Categoría:Barcos de vela Categoría:Barcos da Idade Antiga