Death to 2020 é un falso documental británico de 2020 dos creadores de Black Mirror, Charlie Brooker e Annabel Jones. Foi creado como unha produción orixinal de Netflix baixo a compañía Broke and Bones. O filme recolle os testemuños de personaxes ficticios que relatan os eventos ocorridos nos Estados Unidos e no Reino Unido durante o ano 2020, incluíndo a pandemia de COVID-19 e as eleccións presidenciais estadounidenses. Estreouse en Netflix o 27 de decembro de 2020. O falso documental recibiu valoracións polo xeral negativas, con críticas ao seu humor, considerado obvio. Porén, algunhas interpretacións foron eloxiadas.

Personaxes Samuel L. Jackson como Dash Bracket Hugh Grant como Tennyson Foss Lisa Kudrow como Jeanetta Grace Susan Leslie Jones como Dr. Maggie Gravel Joe Keery como Duke Goolies Kumail Nanjiani como Bark Multiverse Tracey Ullman como a Raíña Cristin Milioti como Kathy Flowers Diane Morgan como Gemma Nerrick Samson Kayo como Pyrex Flask Laurence Fishburne como o narrador Charlie Brooker como James

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2020