miniatura|Unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia
A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) é unha fundación pública dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. A súa base é o Centro de Transfusión de Galicia, sito en Santiago de Compostela, que iniciou a súa actividade no ano 1993, o cal encárgase de organizar e distribuír aos diferentes bancos de sangue dos hospitais galegos os compoñentes sanguíneos que precisaren (principalmente eritrocitos ou glóbulos vermellos, plaquetas e plasma fresco conxelado). Ademais conta con diferentes sedes locais onde se extrae o sangue dos doantes, así como unidades móbiles en autobuses que percorren periodicamente as diferentes localidades do país. A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos ten sedes en Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol. As unidades móbiles desprázanse ás localidades cada dez días, e xunto coas unidades recollidas nas sedes das sete cidades galegas, envíanse ao CTG para o seu procesamento, almacenamento e distribución. Notas
Véxase tamén Outros artigos Transfusión de sangue Transfusión de plaquetas Doazón de sangue Centro de Transfusión de Galicia Ligazóns externas Páxina web da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos
Categoría:Medicina transfusional Categoría:Organismos da Xunta de Galicia