Hémera ou Hemera, na mitoloxía grega, era unha das deusas primordiais (Protogonos), a personificación feminina do Día. Na mitoloxía romana recibía o nome de Dies.
Era filla de Érebo (as Tebras) e Nicte (ou Nyx) (a Noite). Pero para Baquílides era filla de Nyx e Cronos, e Hixino faina filla de Caos e da Escuridade, xunto a Nicte, Érebo e Éter. miniatura|Hémera, por William-Adolphe Bouguereau (1884)
Como deusa do día, Hémera saía do Tártaro xusto cando Nicte entraba nel, e Nicte volvía a saír cando Hémera regresaba.
Pausanias confundeu a Hémera con Eos, cando di que secuestrou a Céfalo, a partir da observación do Pórtico Real de Atenas, onde se ilustraba o mito de Eos e Céfalo.
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. Ligazóns externas Hémera en theoi.com
Categoría:Deusas gregas