Leticia Cunqueiro Méndez, nada en Vigo en 1981, é unha física galega. Acadou unha bolsa Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) para desenvolver unha investigación sobre física de partículas no CERN de Xenebra.

Traxectoria É profesora de Física na universidade Sapienza de Roma. É licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Física de Partículas pola mesma universidade en 2008. Posteriormente realizou un posdoutoramento no Instituto Nacional de Física Nuclear de Italia, un posdoutoramento no CERN, e traballou no Laboratorio Nacional de Oak Ridge (Estados Unidos), na Universidade de Münster, en Alemaña e na Ecole Polytechnique de París.

Traballou no experimento ALICE do CERN estudando chorros (‘jets’) de enerxía e en 2021 incorporouse ao proxecto CMS, outro dos grandes experimentos que operan no grande acelerador de partículas, onde desenvolverá a liña de traballo financiada pola bolsa Consolidator Grant para afondar na cromodinámica cuántica.

Publicou "A praia" no nº 228 de Grial (2020, tomo XVIII).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Laboratoire Leprince-Ringuet. Leticia Cunqueiro

Categoría:Físicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes