O Tupolev Tu-124 (alcumado pola OTAN Cookpot) foi un avión bimotor de curto alcance e capacidade para 56 pasaxeiros construído na Unión Soviética. O Tu-124 foi o primeiro avión de pasaxeiros fabricado en serie con turboventiladores do mundo.
Deseño e desenvolvemento O Tu-124 desenvolveuse a partir do avión de alcance medio Tupolev Tu-104 para satisfacer unha petición de Aeroflot para un avión rexional que substituíse ao Ilyushin Il-14 en rutas domésticas. Aínda que non era unha copia completa, parecía un Tu-104 reducido ao 75% e a certa distancia era moi difícil diferencialos. O Tu-124 tiña unha serie de melloras, como flaps de dobre rañura, un gran freo de aire na sección central e spoilers automáticos. A diferenza do Tu-104, o bordo de saída na parte interior da á non tiña forma de frecha."TU-124 – Details of Tupolev's Medium Range Turbofan" Flight International, 16 de agosto de 1962, pp.229-230
O Tu-124 retivo un paracaídas para ser usado en aterraxes de emerxencia ou aterraxes en superficies esvaradizas e tiña pneumáticos sw presión baixa para axudar nas operacións e pistas non pavimentadas.Gunston 1995, p. 433Stroud 1968, pp. 227-229 Ao igual que no Tu-104 os motores estaban integrados nas ás, pero os motores eran máis eficientes. A situación dos motores amplificaba as vibracións, afectando á comodidade da cabina de pasaxeiros, e tamén causando co tempo fatiga na montaxe das ás.
A configuración estándar da versión básica era de 44 asentos. O primeiro dos dous prototipos, o SSSR-45000 (C/N 0350101), fixo o seu voo de estrea dende o aeródromo de Zhukovsky o 24 de marzo de 1960. O segundo prototipo, SSSR-45001 (C/N 0350102), voou no mes de xuño dese mesmo ano. Outras dúas estruturas serviron como células para probas estáticas. O programa de probas tivo éxito e o avión entrou en produción na Fábrica 135 de Khárkiv, Ucraína, substituíndo á fabricación do Tu-104.Duffy e Kandalov 1996, p. 134 As entregas a Aeroflot comezaron en agosto de 1962 e o avión fixo o seu primeiro servizo regular, entre Moscova e Talín, o 2 de outubro de 1962.Duffy e Kandalov 1996, pp. 134-135
Variantes
Tu-124/Tu-124V A primeira variante de produción. A demanda internacional era pequena, xa que a meirande parte dos clientes estranxeiros estaban agardando para mercar o mellorado Tupolev Tu-134. Tu-124B Tres prototipos con motores D-20P-125 construídos en 1963. Tu-124K/Tu-124K2 Configuración VIP operado polos militares de Iraq e a China, e pola Forza Aérea da India. Tu-124Sh-1 Versión militar usada como adestrador de navegadores. Tu-124Sh-2 Versión militar usada como adestrador de navegadores. Tu-127 Versión proposta de transporte militar. Non fabricada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Duffy, Paul and Andrei Kandalov. Tupolev: The Man and His Aircraft. Shrewsbury, UK: Airlife Publishing, 1996. . Gunston, Bill. The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft 1875–1995. Londres: Osprey, 1995. . Stroud, John. Soviet Transport Aircraft since 1945. Londres: Putnam, 1968. .
Categoría:Aeronaves de Tupolev Categoría:Aeronaves de pasaxeiros Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1960