Divertimento é un filme dramático galego do ano 2000, dirixido por José García Hernández.

Argumento Daniel Osantos (Federico Luppi), un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro acerca do seu talento como intérprete a pesar dos seus éxitos, decide entrevistarse con Bernardo Gabler (Francisco Rabal), un lendario actor que leva toda a vida encarnando ese mesmo personaxe, para pedirlle consello. Pero Gabler non parece moi disposto a revelar os seus segredos a un actor no que non confía.

Elenco

Federico Luppi Daniel Osantos. Francisco Rabal como Bernardo Gabler. Sonia Castelo como Alicia. Pastor Rodríguez como actor romanés. Irene Lamas como xornalista. Martín Mujica como chofer. Margarita Fernández como Señora Osantes. Alejandro Lozano como borracho. Almudena López Lamas como filla de Daniel. Fernando Novo Martínez como fillo de Daniel. Fely Manzano como muller na ventá.

Produción A rodaxe realizouse no Teatro Jofre de Ferrol, onde transcorre practicamente todo o filme, con Rabal e Luppi como únicos actores na pantalla durante a maior parte do tempo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do filme en Filmaffinity . Ficha do filme en IMDb .

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Ferrol Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego