Uxía Tizón Vázquez, nada en Ourense o 22 de xuño de 1989, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Congreso dos Deputados de España.

Traxectoria Licenciada en dereito pola Universidade de Vigo, formouse tamén un ano na Universidade de Coímbra, dentro dun Programa Erasmus.

Dende o 25 de marzo de 2020, substituíndo a Marina Ortega Otero, que renunciou ao escano para presentarse ás Eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, é deputada por Ourense do Grupo Parlamentario Socialista da XIV Lexislatura do Congreso dos Deputados.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no sitio web do Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1989 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense