Goomer é un filme de animación española de 1999, creado por Filmax Animation e TVC, con dirección de José Luis Feito e Carlos Varela e baseado na banda deseñada homónima de Nacho e Ricardo. O guión foi adaptado por Gregorio Muro, Pedro Rivero e Joanes Urkixo.

A película estreouse nos cines de España o 9 de xullo de 1999, e foi dobrada a outros dous idiomas (catalán e galego).

Argumento Goomer é un transportista intergaláctico que descobre un planeta con sinais de vida. Entón ve a posibilidade de facer negocios nel e volverse rico, xa que alí ninguén coñece a súa reputación. Espera converterse nunha celebridade como o primeiro humano en aterrar nese planeta. Pero ninguén lle fai moito caso ao principio.

Elenco de dobraxe +PersonaxeActor orixinal (España)Actor de dobraxe (Galicia)GoomerJordi EstadellaAlfonso ValiñoOpJosé MotaAndrés BellasRecepcionista do hotelCarlos JiménezElmaM. Carme AlarcónBeatriz GarcíaLisaNúria DomènechAna LemosOvomorphusRoger PeraTacho GonzálezRip GoldmanJuan MuñozLuis IglesiaPresidenteTuto VázquezXuíz–Taxista–Capitán–Teléfono–Norberto VilanovaVoces adicionaisXavier de Llorens, Gloria Roig, Francisco Garriga, Aleix Estadella, Pilar Gefaell, Vicky Martínez e Elisabet BargallóMiguel Pernas

Premios

Premio Goya á mellor película de animación (1999)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes de 1999 con versión en galego Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de animación