Pachakutik ou Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik (MUPP-18) é un partido político indixenista de esquerdasEl Universo. Corrientes ideológicas empiezan a definirse en sectores no oficialistas. Consultado o 1 de outubro de 2013. de Ecuador. Foi fundado principalmente como un medio de pular polos intereses dos pobos e as organizacións indíxenas de Ecuador, principalmente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador.
Ideoloxía Esta organización defínese a si mesma como un movemento político independente dos partidos tradicionais que representan a outros grupos de poder. Principalmente composta por elementos de organizacións indíxenas, ten dentro do seu ideario principalmente a constitución do estado plurinacional en Ecuador que respecte a interculturalidade, opoñéndose ao neoliberalismo, sendo considerada a partir diso como un partido de esquerda. Inspirados na cosmovisión indíxena e declarando o seu rexeitamento a calquera forma de explotación, de opresión e de inxustiza ao tempo que apoian a autodeterminación dos pobos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Indixenismo Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Partidos políticos de Ecuador