Wankar Ariruma Kowii Maldonado, anteriormente coñecido como Jacinto Conejo Maldonado é un escritor, poeta e dirixiente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-otavalo.

Traxectoria Considerado un dos principais poetas en lingua kichwa, estudou ciencias sociais e políticas na Universidade Central de Ecuador. A súa colección de poemas kichwas Mutsuktsurini, publicada en 1988, foi un dos primeiros libros en Ecuador exclusivamente escritos en kichwa. Escribe tamén para o xornal quiteño Hoy.

O 22 de agosto de 2007 foi nomeado subsecretario de Educación dos Pobos Indíxenas de Ecuador no Ministerio de Educación, responsábel para o Diálogo Interculural. Defendeu a decisión do expresidente Rafael Correa de colocar a educación intercultural bilingüe baixo a autoridade do goberno, afirmando que a "dirixencia da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) intentou adoutrinar aos estudantes para que seguisen a liña de acción política trazada pola organización".El control de la Dineib profundiza la pugna entre Conaie y Gobierno. El Universo, 8 de marzo de 2010

Ariruma Kowii é irmán do alcalde de Otavalo, Mario Conejo Maldonado.

Obras Mutsuktsurini, 1988 Tsaitsik: poemas para construir el futuro (edición bilingüe), 1993 Diccionario de nombres quichuas, 1998.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Festival de Poesía de Medellín: Ariruma Kowii (Nación Quechua, Ecuador) Cultura Kichwa, interculturalidad y gobernabilidad: Ariruma Kowii, Kichwa otavaleño

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores en lingua quechua Categoría:Escritores de Ecuador