The Trial of the Chicago 7 é un filme estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Aaron Sorkin. Baseado en feitos reais, o filme conta a historia dos Chicago Seven, un grupo de activistas contra a guerra de Vietnam acusados de conspiración e de cruzar fronteiras estatais co obxectivo de incitar disturbios na Convención Demócrata de 1968 que se celebrou en Chicago. Está protagonizado por Yahya Abdul-Mateen II, Sacha Baron Cohen, Daniel Flaherty, Joseph Gordon-Levitt, Michael Keaton, Frank Langella, John Carroll Lynch, Eddie Redmayne, Noah Robbins, Mark Rylance, Alex Sharp e Jeremy Strong.

Sorkin escribiu orixinalmente o guión en 2007, coa intención de que Steven Spielberg dirixise o filme cun elenco de actores descoñecidos. Despois da folga de guionistas de 2007 e por mor de problemas orzamentarios, Spielberg abandonou o proxecto e o propio Sorkin foi anunciado como director en outubro de 2018. A maioría do elenco uniuse ao proxecto ese mesmo mes. A rodaxe comezou no outono de 2019 en Chicago e nos arredores de Nova Jersey.

Orixinalmente, a súa distribución nos cinemas estaba xestionada por Paramount Pictures, mais os dereitos de distribución foron vendidos a Netflix por mor da pandemia por coronavirus. Estreouse nalgúns cinemas escollidos dos Estados Unidos o 25 de setembro de 2020, e dixitalmente en Netflix o 16 de outubro de 2020. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes Os sete de Chicago Sacha Baron Cohen como Abbie Hoffman Eddie Redmayne como Tom Hayden Alex Sharp como Rennie Davis Jeremy Strong como Jerry Rubin John Carroll Lynch como David Dellinger Noah Robbins como Lee Weiner Daniel Flaherty como John Froines

Outros papeis Yahya Abdul-Mateen II como Bobby Seale Kelvin Harrison Jr. como Fred Hampton Mark Rylance como William Kunstler Ben Shenkman como Leonard Weinglass Joseph Gordon-Levitt como Richard Schultz J. C. MacKenzie como Tom Foran Frank Langella como Xuíz Julius Hoffman Michael Keaton como Ramsey Clark John Doman como John N. Mitchell Wayne Duvall como Paul DeLuca Caitlin FitzGerald como Daphne O'Connor Max Adler como Oficial Stan Wojohowski C. J. Wilson como Sarxento Scott Scibelli Alice Kremelberg como Bernardine Damian Young como Howard Ackerman Alan Metoskie como Allen Ginsberg

Notas

Véxase tamén Bibliografía Sorkin, Aaron. The Trial of the Chicago 7: The Screenplay. Nova York: Simon & Schuster, 2020. . Editado por Mark L. Levine, George C. McNamee and Daniel Greenberg / Foreword by Aaron Sorkin. The Trial of the Chicago 7: The Official Transcript. Nova York: Simon & Schuster, 2020. . Editado cunha introdución de Jon Wiener. Conspiracy in the Streets: The Extraordinary Trial of the Chicago Seven. Por Tom Hayden e debuxos de Jules Feiffer. Nova York: The New Press, 2006. Editado por Judy Clavir e John Spitzer. The Conspiracy Trial: The extended edited transcript of the trial of the Chicago Eight. Complete with motions, rulings, contempt citations, sentences and photographs. Introdución de William Kunstler e continuación de Leonard Weinglass. Indianápolis: Bobbs-Merrill Company, 1970. .

Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Aaron Sorkin Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes ambientados en 1968 Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes de DreamWorks