O Campionato de España de segunda categoría foi un torneo futbolístico por eliminación directa no que participaban clubs pertencentes á segunda categoría dos campionatos rexionais. Situado xerarquicamente nun nivel inferior ao Campionato de España de primeira categoría, disputáronse apenas unhas poucas edicións a comezos do século XX.
Historia O torneo xurdiu en 1913 organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol—, sendo de libre inscrición para os clubs que participasen na segunda categoría dos campionatos rexionais e mais para os segundos equipos dos clubs de primeira. Só se disputou unha edición baixo esta fórmula, da cal resultou campión o Centre d'Esports Sabadell.
Posteriormente, e xa coa Real Federación Española de Fútbol constituída, o torneo foi recuperado en 1920, sendo gañado polo Stadium Avilesino.
Logo despois, volvería ser disputado baixo a denominación de Campionato de España de primeira categoría - grupo B ou simplemente Campionato de España do grupo BReal Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 44., disputándose anualmente entre 1923 e 1926, participando nel os campións rexionais de segunda categoría (tamén chamada naquela altura primeira categoría-grupo B).Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26
Historial Tempada Campión Subcampión Resultado Lugar Incidencias 1913 CE Sabadell Cardenal Cisneros FC 1-2, 2-1 Madrid Partidos de desempate (1-1, 1-1, 1-0) 1920 Stadium Avilesino Martinenc FC 3-2 Xixón 1923 Martinenc FC CD Esperanza 4-2 Donostia 1924 Acero Club Osasuna FC 2-1 Sevilla 1925 CD Júpiter Athletic de Gijón 4-1 Valencia 1926 Pasayako FC Badalona 2-2 Zaragoza Partido de desempate (1-0)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Copa do Rei de fútbol
Categoría:Competicións de fútbol desaparecidas en España