A tempada 2020-2021 do Campionato Nacional é a edición número 63 da máxima competición de clubs do rugby en Portugal. O torneo comezou o 25 de setembro de 2020 e conta con 12 equipos participantes. Formato do torneo Na tempada 2019/2020 non foi posible rematar a competición de liga, de xeito que a FPR decidiu que o título de campión quedase vacante e que non houbesen ascensos nin descensos. Non obstante o Rugby Clube da Lousã anunciou que renunciaba á súa praza na máxima categoría, praza que a FPR lle ofreceu ó Clube de Rugby São Miguel, que aceptou.
Unha das decisións tomadas pola FPR trala súa reunión cos 12 clubs participantes na máxima categoría foi modificar a fase inicial do campionato agrupando ós equipos por rexións para evitar grandes desplazamentos e reducir o risco de contaminación vírica entre cidades. O novo formato adaptado á pandemia contou cunha primeira fase de seis xornadas na que os 12 equipos estaban distribuídos en catro grupos.
Grupo A Belenenses Cascais Benfica
Grupo B CDUL Tecnico Montemor
Grupo C Direito Agronomia Sao Miguel
Grupo D Académica CDUP CRAV
Primeira Fase A primeira fase ou fase de apuramento comezou o 26 de setembro e rematou o 8 de novembro, constando de 4 xornadas e 24 encontros (6 por grupo).
Grupo A Pos.EquipoPtosXGEP 1º. Belenenses20 4 4 0 0 2º. Cascais10 4 2 0 2 3º. Benfica0 4 0 0 4
Grupo C Pos.EquipoPtosXGEP 1º. Direito18 4 4 0 0 2º. Agronomia11 4 2 0 2 3º. São Miguel0 4 0 0 4
Grupo B Pos.EquipoPtosXGEP 1º. Tecnico15 4 3 0 1 2º. CDUL14 4 3 0 1 3º. Montemor0 4 0 0 4
Grupo D Pos.EquipoPtosXGEP 1º. CDUP18 4 4 0 0 2º. Académica11 4 2 0 2 3º. CRAV0 4 0 0 4
Play off Tralo remate desta primeira fase os catro equipos que quedaron clasificados na segunda posición disputaron dous encontros eliminatorios para determinar os dous equipos que disputarían o título e os dous equipos que disputarían a permanencia: CDUL 36-18 Cascais Agronomia 33-17 Academica
Segunda Fase A segunda fase ou fase final comezou o 6 de marzo e rematou o 16 de maio, constando de 10 xornadas e 60 encontros (30 por grupo).
Grupo polo título Pos.EquipoPtosXGEP 1º. Direito36 10 8 0 2 2º. Tecnico34 10 8 0 2 3º. Belenenses33 10 7 0 3 4º. CDUL19 10 4 0 6 5º. Agronomia19 10 3 0 7 6º. CDUP1 10 0 0 10
Grupo pola permanencia Pos.EquipoPtosXGEP 1º. Cascais40 9 8 1 0 2º. Academica36 10 8 1 1 3º. Benfica24 10 5 0 5 4º. São Miguel20 10 4 0 6 5º. Montemor15 10 3 0 7 6º. CRAV2 9 0 0 9
Play Off Nas semifinais enfrontáronse 1º vs 4º e 2º vs 3º en eliminatorias a partido único no campo do equipo mellor clasificado, e os gañadores disputaron a final nun campo neutral. Semifinais (1º) Direito 28-9 CDUL (4º) (2º) Técnico 13-9 Belenenses (3º) Final
O Tecnico acadou o seu terceiro campionato de liga tralos acadados en 1981 e 1998.
Descenso e promoción O CR Arcos Valdevez perdeu a categoría como consecuencia do seu último posto na clasificación. A súa praza foi recollida polo CR Évora que gañou a final da segunda división por 19-15 fronte ó RC Santarém. Deste xeito, os dous equipos que disputaron a promoción foron o RC Montemor como penúltimo clasificado da máxima categoría e o RC Santarém como subcampión da segunda división. O encontro único foi disputado o 19 de xuño e o resultado foi: RC Montemor 23-20 RC Santarém
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Federación Portuguesa de Rugby Outros artigos Selección de rugby de Portugal
Categoría:Campionato Portugués de Rugby Categoría:Rugby en 2021 Categoría:Rugby en 2020