Francisco Nogueira Fraguas, nado en Bueu en 1850 e finado no mesmo concello o 18 de setembro de 1923,El Progreso, 19-9-1923, p. 2. foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria Irmán de Miguel Nogueira Fraguas. Emigrou aos 17 anos á Arxentina. Estableceuse na cidade de Concepción del Uruguay (Entre Ríos). Fixo fortuna coas súas actividades comerciais. Logo de 55 anos e xa ancián, retornou a Galicia, onde morreu. No seu testamento datado o 18 de setembro de 1922, legou cartos e terras por valor de 30.000 pesos (72.000 pesetas) para a construción dun centro de ensino en Bueu. A súa intención era construír un centro de ensino profesional que levase o nome da súa nai, Escola de Artes e Oficios Manuela Fraguas.Galicia, 11-11-1923, p. 1. O proxecto non chegou a desenvolverse pola desidia das autoridades e a desaparición dos cartos do legado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Algunhas novas dos emigrantes de Bueu e Beluso nas Américas

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1923