Robertas Javtokas, nado o 20 de marzo de 1980 en Šiauliai, é un ex xogador profesional lituano de baloncesto. Con 2,11 metros de estatura xogaba na posición de pivote.

Traxectoria profesional No ano 2000, Javtokas fichou polo Lietuvos rytas e converteuse axiña no mellor pivote da liga lituana. Co Rytas gañou a liga en 2000, 2002 e 2006, e a Copa ULEB en 2005, na que foi nomeado mellor xogador do torneo. Coa súa axuda, o Rytas debutou na Euroliga en 2006.

Para a tempada 2006-07, Javtokas uniuse ó Panathinaikos BC, onde conquistou a tripla coroa tras gañar a liga grega, a copa grega e a Euroliga. O 24 de xuño de 2007, asinou un contrato de dous anos co Dynamo Moscova ruso. En 2009, asinou co BC Khimki ruso.BCKhimki.ru Khimki Adds Javtokas . O 15 de xullo de 2010, chegou á Liga ACB tras asinar un contrato de dous anos co Valencia Basket.Power Electronics signs Javtokas.

En xuño de 2011, Javtokas volveu a Lituania tras asinar por tres anos co Žalgiris Kaunas.ZALGIRIS brings Javtokas back to Lithuania

O 8 de xuño de 2017, Javtokas anunciou a súa retirada coma xogador profesional.Lithuanian legend Javtokas finishes professional career O día seguinte, disputou o derradeiro encontro da súa traxectoria profesional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados no condado de Šiauliai‎ Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do BC Lietuvos Rytas Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do MBC Dinamo Moscova Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016