Antón Viana Conde, nado en Vigo o 6 de decembro de 1924 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 1998,La Voz de Galicia, Vigo, 16-12-1998, p. 42. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Rogelio Viana, secretario de xulgado, e Ángela Conde. Licenciado en Dereitoo pola Universidade de Santiago de Compostela en 1951. Aos 26 anos dedicouse á avogacía e chegou a dirixir un gabinete de avogados en Vigo. Foi conselleiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, presidente de Sigalsa e asesor do Celta de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación como académico de honra. Foi un dos primeiros accionistas da Editorial Galaxia e na Transición militou no Partido Galeguista, do que foi elixido vicepresidente en 1978. Colaborou en La Voz de Galicia.
Obras Esbozos urbanísticos..., 1967. El arrendamiento urbano en España, 1992. Vida persoal
Casou con María del Carmen Tomé Lorenzo e foi pai de Antonio, Javier, Marta, Beatriz e Pablo Viana Tomé.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes