A aventura do Poseidón é un filme estadounidense de 1972 dirixido por Ronald Neame, producido por Irwin Allen, e baseado na novela epónima de 1969 de Paul Gallico. Está protagonizado por Gene Hackman, Ernest Borgnine, Jack Albertson, Shelley Winters e Red Buttons.

Estreouse en galego o 30 de decembro de 1999 a través da TVG.La Voz de Galicia, 30 de decembro de 1999. Páx. 78

Sinopse Un transatlántico de luxo, o SS Poseidon, é alcanzado na véspera de Aninovo por unha onda xigantesca, facéndoo virar de cabeza para baixo. Un grupo de sobreviventes que está nun salón de baile dun nivel superior (mais que despois fica baixo a liña da auga) tenta escapar da embarcación liderados polo reverendo Frank Scott. Para iso, deben chegar á casa de máquinas que se localiza no casco do navío e durante o percorrido acaban enfrontando moitos perigos no navío inestábel que pode afundirse en calquera momento.

Personaxes

Gene Hackman como Reverendo Frank Scott Ernest Borgnine como Detective Tenente Mike Rogo Red Buttons como James Martin Carol Lynley como Nonnie Parry Roddy McDowall como Acres Stella Stevens como Linda Rogo Shelley Winters como Belle Rosen Jack Albertson como Manny Rosen Pamela Sue Martin como Susan Shelby Arthur O'Connell como Chaplain John Eric Shea como Robin Shelby Leslie Nielsen como Capitán Harrison Fred Sadoff como Linarcos Byron Webster como Purser Jan Arvan como Dr. Caravello Sheila Mathews como Nurse John Crawford como enxeñeiro xefe Bob Hastings como M.C. Erik Nelson como Tinkham

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1972 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ronald Neame Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de 1972 con versión en galego