Ryal de Eduardo IV de Inglaterra (1461–1483)260x260pxED WARD DI GRA REX ANGL S FRAN DNS I B; o rei de fronte, con espada e escudo, nunha nave; estandarte coa letra E na proa; rosa no costado.IhD AVT TRANSIenS Per MeDiVM ILLORV IB?T; cruz adornada con rosa e sol; leóns e coroas sobre os raios; todo dentro dun polilóbulo arqueado.Ryal. (ca. 1467-1468). Ceca de Londres. AU. 35 mm. 7,56 g.Ryal de Eduardo IV de Inglaterra. Numista.
Ryal é a denominación de diversas moedas escocesas e inglesas de prata e de ouro, cuñadas nos séculos XV e XVI."Ryal". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 158."Ryal". En Frey, A. R. (1916). Páxina 206.Martinori, E. (1915) . Páxinas 341, 435 e 441.
O ryal de ouro inglés
O ryal ou rose noble O ryal (tamén coñecido como rose noble) foi introducido en 1465 durante o primeiro reinado de Eduardo IV de Inglaterra (1461-1470), en substitución do noble. O seu peso era de 120 grans (ca. 7,80 gramos) e o seu valor era equivalente ao de medio soberano ou, o que é o mesmo, 10 xilins.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 61.
A tipoloxía do anverso é moi similar á do preexistente noble: o monarca amósase de fronte nun navío que navega, portando unha espada e un escudo coas armas de Inglaterra e de Francia; na proa hai un estandarte coa inicial E e no costado do barco unha rosa, que lle dá o nome de rose noble. A lenda do anverso é do tipo ED · · WARD’ · DI · GRA’ · REX · ANGL’ · S · FRAn · · C DNS’ · I · B’ ("Eduardo, pola graza de Deus, rei de Inglaterra e Francia, señor de Irlanda"Lucas, 4, 30.; os puntos intermedios teñen forma de trifolios).Ryal de Eduardo IV de Inglaterra. Numista.
Pola súa banda, o reverso estaba caracterizado por unha rosa central da que emanan raios de sol, con coroas e leóns ao seu remate, todo isto dentro dun polilóbulo arqueado que, pola súa vez, está rodeado por unha lenda do tipo IhD’ · AVT’ · TRAnSIenS · PER · MeDIVm · ILLORVm : I · B?T ("Mais Xesús, pasando entre eles, seguiu o seu camiño").
Ademais do ryal, Eduardo IV cuñou tamén as fraccións de medio e dun cuarto de ryal, con pesos e valores proporcionais.1/2 ryal de Eduardo IV de Inglaterra. Herritage Auctions.1/4 ryal de Eduardo IV de Inglaterra. Numista.
A cuñaxe do ryal foi retomada por outros soberanos da Casa de Tudor. Dos emitidos por Henrique VII (1486-1509) coñécense apenas tres exemplares.Grueber, H. (1899).Stewart, I. (1974). "Problems of the Early Coinage of Henry VII". En The Numismatic Chronicle. Vol. 14. Páxinas 125-147. Royal Numismatic Society. Dos de Henrique VIII (1509-1547) só se ten constancia dun espécime, propiedade do Gabinete de Moedas e Medallas do Museo Británico.Kent, J. P. C. (1963). "Five Tudor Notes: The Ryal of Henry VIII". En British Numismatic Journal. Páxinas 161-162. British Numismatic Society. Pola súa parte, o ryal de María I (1553-1558), cuñado unicamente na ceca londiniense en 1553, cun peso de 118,8 grans (ca. 3,63 gramos), é moi similar ao orixinario de Eduardo IV, con variacións lóxicas como o busto da raíña sobre o barco e a lenda alusiva a ela, e cun valor elevado aos 15 xilins (3/4 de libra escocesa).Ryal de María I de Inglaterra. Numista. Tamén a súa irmá, Isabel I (1558-1603) cuñou o ryal, cunha tipoloxía moi semellante."World Coin Profiles: Finest Known Gold Ship Ryal of Elizabeth I ". En Coin Week. 7 de abril de 2020.
O ryal de Xacobe I de Inglaterra
Baixo Xacobe IV de Escocia e I de Inglaterra (1603-1625) emitíronse en Inglaterra dúas variantes do ryal de ouro, no marco da segunda serie de emisións (1604-1619) deste monarca: o spur ryal, que mantiña o valor de 15 xilins herdado da súa antecesora, e o rose ryal, co dobre do valor, é dicir 30 xilins ou unha libra e media, ambas cuñadas a partir de 1605 na Casa de Moeda de Londres.
Spur ryal O spur ryal, de 15 xilins, é unha moeda de ouro de 995 milésimas de ca. 6, 25 gramos de peso e uns 32 milímetros de diámetro. O seu anverso está presidido por un gran león coroado que sostén o cetro coa súa gadoupa dereita e o escudo coas armas reais coa esquerda, flanqueado polos números romanos XV, a modo de indicación de valor. A lenda do anverso é IACOBVS D:G: MAG : BRIT : FRA : ET HI : REX · ("Xacobe, pola graza de Deus, rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda").Spur ryal de Xacobe I. Numista.
No reverso represéntase un sol cunha rosa no centro, á fin de cuxos raios se alternan flores de lis e leóns coroados, todo rodeado pola lenda A DNO : FACTVM EST ISTVD ET EST MIRABI :Mateu, 21, 42: A Domino factum est istud et est mirabile in oculis nostris. ("Esta é a obra do Señor e é marabillosa").
A denominación de spur ryal débese á semellanza do conxunto da rosa e os raios de sol do centro do reverso coa roda dunha espora dun xinete (spur en inglés).Smith Homans, J. (1848). Banker's Magazine and State Financial Register. Vol II. Baltimore. J. W. Wood. Páxina 26.Hornall, T. (2020). "Rare 17th century gold coin of ‘unprecedented’ quality on sale for £162,750". En The Independent. 3 de agosto.
Rose ryal de Xacobe I (1567-1625) –1ª emisión–260x260pxIACOBVS · D · G · MAG · BRIT · FRAN · ET · HIBER · REX, o rei de fronte no trono, con orbe e cetro.A · DNO · FACTVM · EST · ISTVD · ET · EST · MIRAB · IN · OCVLIS · NRIS, armas reais dentro dunha rosa.Rose ryal. (ca. 1605-1606). Ceca de Londres. AU. 13,68 g.Rose ryal de Xacobe I de Inglaterra (1º modelo). Numista. Rose ryal de Xacobe I (1567-1625) –2ª emisión–260x260pxIACOBVS · D · G · MAG · BRIT · FRAN · ET · HIBER · REX, o rei de fronte no trono, con orbe e cetro.A · DNO · FACTVM · EST · ISTVD · ET · EST · MIRAB · IN · OC · NRIS, armas reais baixo XXX.Rose ryal. (ca. 1619-1625). Ceca de Londres. AU. 12,49 g.Rose ryal de Xacobe I de Inglaterra (2º modelo). Numista.
Rose ryal Do rose ryal producíronse dúas emisións, a primeira dentro da segunda serie de emisións (1604-1619) de Xacobe I e a segunda no marco da súa terceira serie de emisións (1619-1625). En ambos os casos trátase dunha moeda de ouro de 995 milésimas, cun peso próximo aos 13 gramos e un valor do dobre do spur ryal, ou 30 xilins. Os anversos son moi semellantes nas dúas emisións, cun retrato do monarca de fronte no trono, sostendo un orbe e un cetro e coa lenda IACOBVS · D · G · MAG · BRIT · FRAN · ET · HIBER · REX ("Xacobe, pola graza de Deus, rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda").
A lenda dos reversos é común en ambas as emisións: A · DNO · FACTVM · EST · ISTVD · ET · EST · MIRAB · IN · OCVLIS · NRIS · ("Esta é a obra do señor e é marabillosa para os nosos ollos"). No entanto, o motivo do reverso varía: mentres na primeira se amosaban as armas reais dentro dunha gran rosa da Casa de Tudor (que lle dá o nome de rose ryal), na segunda desaparece a rosa e o escudo se amosa nun tamaño superior, debaixo da marca XXX, representativa dos 30 xilins do seu valor.
O rose ryal, sinaladamente o da primeira emisión, retomaba a tipoloxía e as lendas do soberano cuñado con anterioridade pola raíña Isabel I de Inglaterra (1558-1603), co que compartía o valor de 30 xilins, que amosaba no anverso a imaxe da raíña de corpo enteiro sedente no trono e cun enreixado baixo os pés, e no reverso unha grande rosa coas armas reais no seu interior.Soberano de Isabel I de Inglaterra. Numista.
Imitacións noutros países O ryal de ouro foi imitado nalgunhas ocasións na Europa continental.Thompson, A. (1945). "Continental imitations of the rose noble of Edward IV". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Páxinas 183-208.
Un exemplo destas emisións é o ryal de imitación do de Eduardo IV e Inglaterra que foi cuñado en Gorinchem, nos Países Baixos, cara a 1585-1586, e tamén en case todas as cecas do norte durante a Guerra dos Trinta Anos.Martinori, E. (1915). Páxina 435.
Do mesmo xeito, o ryal de ouro foi imitado por Cristina de Suecia (1632-1654) durante a ocupación sueca da cidade de Riga, cun peso de 13,96 gramos e un valor de catro ducados.Rose ryal de imitación de Cristina de Suecia. Numista.
O ryal escocés
Ryal de ouro Ryal de María I de Escocia (1542-1567)130x130px· MARIA · DEI · G · SCOTOR· REGINA ·; busto cara á esquerda.· IVSTVS · FIDE · VIVIT · 1555 ·; armas reais de Escocia.Ryal (1555-1558). AU. 28 mm. 7,51 g.Ryal de María I de Escocia. Numista
O ryal foi introducido no Reino de Escocia no reinado de María Estuardo (1542-1567) no marco da súa primeira serie de emisións (1542-1558), é dicir, o período anterior ao casamento co Delfín de Francia, posteriormente rei Francisco II (1559-1560), que se iniciou co ascenso de María ao trono aos nove meses de idade. Apareceron daquela, como novas moedas de ouro, o lion de 44 xilins, o medio lion e o ryal de 3 libras escocesas ou 60 xilins.Clarke, J. (1979)."Scottish Coins ". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12.Stewart, I. (1955). Páxina 82.
O ryal de ouro escocés tiña un peso de 117,75 grans (ca. 7,63 gramos), cunha lei de 22 quilates, e cuñouse en 1555, 1557 e 1558, ano, este último, en que foi substituído polo ducado de ouro, co mesmo valor. No seu anverso represéntase o busto da raíña cara á esquerda rodeado pola lenda MARIA · DEI · G · SCOTOR· REGINA · ("María, pola graza de Deus, raíña dos escoceses"), en tanto que o seu reverso está ocupado polo escudo de armas de Escocia, co característico león rampante, coa lenda · IVSTVS · FIDE · VIVIT · [data] · ("O home xusto vive pola fe").Ryal de María Estuardo. Numista."Lots 121, 122, 123, 124. Gold Ryal". En The Dundee Collection of Scott Coins. 1976. Páxina 78.
Xunto co ryal tamén se cuñou o medio ryal, co valor de 30 xilins e compartindo a mesma tipoloxía e as mesmas lendas."Lot 125: Gold Half Ryal 1555". En The Dundee Collection of Scott Coins. 1976. Páxina 79.
Ryal de prata (dólar escocés) Ryal de María I de Escocia (1542-1567)260x260px· EXVRGAT · DEVS · & · DISSIPENT? . INIMICI · EI? ·, palma coroada e legenda DAT GLORIA VIRES nunha fita.· MARIA · & · HENRIC? · DEI · GRA · R · & · R · SCOTRV ·, armas reais de Escocia flanqueadas por cardos.Ryal. 1566. AG. 45 mm. 30,21 g.Ryal de María I de Escocia. Numista.
Durante o reinado de María Estuardo deuse unha aproximación do sistema monetario escocés aos estándares continentais. Isto manifestouse especialmente coa introdución en 1565, no marco da cuarta serie de emisións (1565-1567) desta monarca, do ryal de prata, tamén chamado dólar escocés, cun peso de ca. 30,397 gramos e un valor de 30 xilins (unha libra e media), do que tamén se cuñaron as súas fraccións de dous terzos (20 xilins) e dun terzo (10 xilins)."Ryal". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd."Scottish Coins ". Elks, K. Coinage of Great Britain. Celtic to Decimalisation. Part 12.Burns, E. (1887). Páxina 336.
Trátase dunha moeda de gran módulo, que se emitiu en dúas ocasións, en 1565 e en 1567. A primeira delas presentaba no anverso os bustos enfrontados de María e o seu segundo esposo, Henrique Estuardo, Lord Darnley, rodeados pola lenda HENRICVS · & · MARIA · D : GRA · R · & · R · SCOTORVM ("Henrique e María, pola graza de Deus, reis dos escoceses"). O reverso estaba ocupado polas armas reais escocesas e a lenda · QVOS · DEVS · COIVNXIT · HOMO · NON · SEPARET · ("O que Deus uniu, non o separe o home")Mateu 19, 6.."1 ryal de prata de María Estuardo (1º tipo)". Numista.