Florent Marius Piétrus, nado o 19 de xaneiro de 1981 en Les Abymes, Guadalupe, é un ex xogador profesional de baloncesto francés. Cunha estatura de 2,02 metros xogaba na posición de ala-pivote. O seu irmán máis novo, Mickaël Piétrus, xogou na National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Piétrus comezou a súa carreira no Élan Béarnais Pau-Orthez da LNB Pro A francesa (1999–04). Presentouse ó Draft da NBA de 2003 pero non foi seleccionado. Dende entón, xogou na Liga ACB para o Baloncesto Málaga (2004–07), CB Estudiantes (2007–08), Valencia Basket (2008–10), Saski Baskonia (2010), e outra vez co Valencia (2010–13).

O 22 de xullo de 2013, Piétrus asinou co SLUC Nancy da LNB Pro A. En 2016 asinou co BCM Gravelines francés. O 1 de setembro de 2017, Piétrus asinou un contrato de curta duración co Levallois Metropolitans. O 3 de febreiro de 2018, asinou co SIG Strasbourg para o resto da tempada. O 9 de xullo de 2018, Piétrus renovou o seu contrato co Strasbourg unha tempada máis.

O 12 de xaneiro de 2020, asinou co Orléans Loiret Basket da LNB Pro A.

O 9 de setembro de 2020, Piétrus anunciou a súa retirada do baloncesto profesional ós 39 anos de idade.Florent Pietrus announces retirement

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Guadalupe, Francia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Élan Béarnais Pau-Orthez‎ Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do SLUC Nancy Categoría:Xogadores do BCM Gravelines‎ Categoría:Xogadores do Paris-Levallois Basket‎ Categoría:Xogadores do Strasbourg IG‎ Categoría:Xogadores do Orléans Loiret Basket‎ Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016