Minia é unha mártir romana venerada no santuario de San Fins de Brión. A festa de Santa Minia celébrase o 26 e 27 de setembro e a ela acoden moitos romeiros da zona. É a patroa do concello de Brión.
Nome O nome é de orixe latina, Minia, talvez forma feminina de Minius, de orixe incerta, quizais etrusca. Minius tamén ó o nome latino que dá lugar a Miño, o río, que se pode relacionar co minium, óxido de ferro de varios minerais de cor rubia, cinabrio, minio.
A difusión do nome é recente e debida ao santuario de Brión. Leva este nome a astrofísica Minia Manteiga. Lugrís Freire escribiu un drama titulado Minia, drama nun acto en prosa.
A lenda de Santa Minia e a historia do seu santuario en Brión miniatura|Capela de Santa Minia en Brión Segundo a lenda, Minia foi unha mártir romana do século IV, martirizada con 15 anos no 362 sendo emperador Xuliano. O corpo foi achado no cemiterio de San Calisto en 1781 e entregado á igrexa metropolitana esmirnense en 1841. En 1783 sacouse o corpo e maila lápida do sartego no cemiterio de Santa Inés. En 1804 o prefecto do Sagrario Apostólico doou os restos a Juan Francisco Arieta e nese mesmo ano o nobre Tomás Anduaga levounos para Cádiz. Cubríronse os ósos con cera e forráronse con panos de liño ao estilo romano. Metéronse nunha urna xunto cun vaso do seu suposto sangue, cos certificados de autenticidade e un anaco de lousa coa inscrición MINIA IN SOMNO PACIS (Minia no sono da paz). Finado o nobre gaditano, o seu criado galego Luís Tobío, de Amaía, levou para a súa terra en 1848 as reliquias. Depositounas na sancristía da igrexa parroquial de San Fins de Brión e logo foron para un santuario erguido na mesma parroquia en Pedrouzos. Nese mesmo 1848 o bispo de Santiago de Compostela, Rafael de Vélez, recoñeceu oficialmente o culto de santa Minia.A forma 'santa Minia' é unha denominación popular informal, pois non foi canonizada pola Igrexa
Todos os anos acoden miles de romeiros e romeiras a Brión o día de santa Minia porque se cre unha santa moi avogosa. Cóidase que poñendo unha candea coa forma da parte do corpo enferma e ofrecéndose á santa cunha misa e algún sacrificio obrarase o milagre e o doente sandará.
A imaxe da santa representa unha moza nova xacente, vestida con roupas de patricia romana.
Popular
Santa Minia, San Campio, San Pexerto e Santa Plácida. Santa Minia, San Campio e San Pexerto son os tres santos populares paleocristiáns cuxas reliquias, procedentes das catacumbas romanas de San Calisto, se conservan en Galicia desde a última parte do século XVIII, polo que os santuarios e devoción por eles son relativamente modernos.
San Campio e san Pexerto eran moi indicados para a protección dos mozos que ían facer o servizo militar por suporse que foran soldados romanos. Nos tres casos coincide que coas reliquias veu de Roma a lápida encontrada na tumba e un vaso co suposto sangue do mártir, que pode ser o vaso de perfumes que se poñía nas tumbas romanas.
A eles únese Santa Plácida de Rubiáns, traída un pouco máis tarde do cemiterio romano de San Ciríaco.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Carballeira de Santa Minia Minia (nome) Bibliografía
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Mártires