Sharon Christa McAuliffe, nada en Boston, Massachusetts, o 2 de setembro de 1948 e finada o 28 de xaneiro de 1986, foi unha astronauta estadounidense finada durante o accidente do transbordador espacial Challenger.

Traxectoria McAuliffe graduouse na facultade Framingham do estado en 1970 e tiña un máster en educación pola facultade Bowie do estado en 1978.

Foi seleccionada como astronauta en xullo de 1985 para o proxecto da NASA "Profesor no espazo" e asignada á misión STS-51-L do transbordador espacial Challenger, que foi destruído aos poucos segundos do lanzamento, falecendo toda a tripulación.

miniatura|160x160px|Anverso do dólar de prata Christa McAuliffe (2021). En 2021, a Casa da Moeda dos Estados Unidos honrou a súa figura coa emisión conmemorativa do "dólar de prata Christa McAuliffe".

En 1988 a Unión Astronómica Internacional nomeu un cráter na súa honra, o máis pequeno dos sete adicados aos tripulantes do Challenger.Altschuler e Ballesteros (2016)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Altschuler, D. R.; Ballesteros, F. J. (2016). Las mujeres de la Luna. Historias de amor, dolor y valor. Next Door Publishers / Jot Down Books (Colección El café Cajal). ISBN: 9788494924583

Outros artigos Mulleres na NASA Mulleres no espazo Accidente do transbordador espacial Challenger Dólar de prata Christa McAuliffe

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Finados en 1986 Categoría:Finados na exploración espacial