William Surles McArthur Jr., nada en Laurinburg, Carolina do Norte, o 26 de xullo de 1951, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-58, STS-92, STS-74 e Soiuz TMA-7 e foi membro da Expedición 12 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria McArthur graduouse en ciencias apliadas e enxeñaría pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1973 e ten un máster en enxeñaría aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Georgia en 1983.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-58, STS-92, STS-74 e Soiuz TMA-7 e sendo membro da Expedición 12 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 224,93 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-58 STS-92 STS-74 Soiuz TMA-7 Expedición 12 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Carolina do Norte