Namitha Vankawala, nada en Surat o 10 de maio de 1981, é unha modelo, actriz e política india, activa na industria cinematográfica do sur da India.
Traxectoria Naceu nunha familia guxarati tradicional, seu pai dedicábase ao téxtil. Comezou competindo en concursos de beleza, foi Miss Surat en 1996, á idade de 15 anos e participou en Miss India en 2001 onde quedou cuarta, e o título foi para Celina Jaitley. Non obstante, a publicidade que logrou pola súa participación fixo que se aveciñara en Mumbai como modelo para anuncios de televisión, e intentou entrar na industria cinematográfica hindi de Bollywood.
2002-2008 Logo de oito meses en Mumbai participou nunha audición para un filme telugú de Tollywood e debutou no cinema en 2002 na comedia romántica Sontham de Sreenu Vaitla e xa na súa segunda película actuou nun papel protagonista, foi un filme que dirixiu o támil Saran, unha versión en telugú, Gemeni, do seu grande éxito en támil Gemini, un filme de acción que se converteu no de maior recadación de 2020 no cinema támil. A versión telugú non acadou o éxito do orixinal e pasou case desapercibida, mais a actuación de Namitha, que utilizaba nesa época o nome artístico de BhairaviTelugu Cinema Etc. Idlebrain, 16 de setembro de 2002 concitou o eloxio da crítica.
A partir de 2004 comezou a facer películas para a industria cinematográfica támil e fíxose popular rapidamente. Entre 2004 e 2005 protagonizou tres filmes de acción comerciais Aai (2004) e Chanakya (2005) con R. Sarahkumar e Aanai (2005) con Arjun, no entanto, apareceu regularmente en comedias como Engal Anna (2004) de Siddique e protagonizou cinco das comedias de Sakthi Chidambaram entre 2004 e 2008. En 2006 deubutou nun filme hindi Love Ke Chakkar Mein, e noutro en inglés, Maya, que se estreou en 2008 como Kamasutra Nights. En 2007 traballou con dous dos actores novos máis prometedores do cine támil, con Vijay fíxoo no musical de A. R. RahmanAzhagiya Tamil Magan (2007) e con Ajith Kumar no filme de gánsteres Billa (2007) de Vishnuvardhan.
Contra mediados da primeira década do século XX convertérase nunha integrante habitual das seccións de sociedade da prensa támil e con fans que seguían os seus glamurosos papeis.
2009− dereita|miniatura|Namitha nunha sesión de fotos Así e todo, xa antes de entrar a década de 2010 a súa popularidade comezou a declinar logo de fallaren varias das súas películas en atraer a atención, e ademais a industria cinematográfica do sur da India demandaba outro tipos de papeis femininos, lonxe dos papeis glamurosos típicos de Namitha. Os directores tampouco estaban por emparellala con actores novos nos seus filmes, e a antiga xeración ía desaparecendo dos papeis principaisWhy Namitha won't act in Tamil films? | Movie News . Times of India, 20 de maio de 2011. E paseniñamente, Namitha pasou a pequenos papeis e aparicións especiais, mentres que Jaganmohini, un filme de terror que protagonizou en 2009 e que contaba cun grande orzamento, foi un fracaso de recadaciónReview: Jaganmohini is a half-baked remake. Rediff.com, 19 de outubro de 2009. Para alén, as súas disputas disputas cos realizadores non axudaban, como co director de Azhagana Ponnuthan (2010) que a criticou pola súa falta de cooperación na película"Namitha's behavior". Behindwoods.com, 17 de marzo de 2010. A partir de 2010 realizou menos filmes en támil, e máis en telugú, malaiala e kannará e varias dos seus filmes viron como se atrasaba a súa produción, como no támil, Ilamai Oonjal (2016). Mesmo en 2014 e 2015 apenas traballou e non houbo estrea ningunha dos seus filmes porén en 2016 voleu traballar arreo, e salientou na súa aparición no filme malaiala Pulimurugan (2016) con Mohanlal, que se converteu no filme coa meirande recadación do cinema malaiala ata que o superou en 2019 o filme Lucifer de Prithviraj Sukumaran.
Política En 2019, canda o actor Radha Ravi, uniuse ao Partido Bharatiya Janata en presenza do seu presidente J. P. Nadda en Chennai.e aos oito meses, en xullo de 2020, entrou a formar parte da executiva do partido no estado de Tamil Nadu.
Filmografía AnoTítuloPapel(s)Lingua(s)Notas2002SonthamNanduTeluguDebut teluguGeminiManisha Natwarlal2003Oka Raju Oka RaniPreethiOka Radha Iddaru Krishnula PelliSasirekha2004Engal AnnaGowriTámilDebut támilAithe EntiAnjali SharmaTeluguMaha NadiganAishwaryaTámil2005AaiAnjaliTámilEnglishkaranMaheshwariNayakuduTeluguChanakyaDeivanayakiTámilBambara KannaleyMynaaAanaiRamya2006Kovai BrothersSaniaLove Ke Chakkar MeinNeha V. BatraHindiDebut hindiPachchak KuthiraPoovuTámilThagapansamySwapnaNee Venunda ChellamAnjaliNeelakantaGangaKannaráDebut kannará2007ViyabariNamithaTámilNaan AvanillaiMonika PrasadAzhagiya Tamil MaganDhanalakshmiBillaC. J.2008SandaiSeemakal ChinnakilliKamasutra NightsAunt MayainglésDebut en lingua inglesaPandiSalangaiTámilIndraKannará2009PerumalSarojaTámilTheeRuchi Devi1977ChandiniBillaLisaTeluguIndira VizhaKaminiTámilJaganmohiniJaganmohini2010Black StallionLaura FernandezMalaialaDebut malaialaAzhagaana PonnuthanJenniferTámilGuru SishyanAnithaCameoSimhaMahimaTeluguHooAnjuKannará2011IlaignanSenaTámilNamitha I Love YouSunandaTelugu2013Benki BirugaliMonaKannará2016Ilamai OonjalDurgaTámilPulimuruganJulieMalaiala2019PottuBhrameshwariTamilMiyaMiyaTámilAdiada
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Gujarat Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Políticos da India Categoría:Modelos femininas da India