Pennatula phosphorea é unha especie de cnidario da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios, orde dos pennatuláceos e suborde dos subseliforos, unha das 12 integradas na actualidade (2020) na familia dos pennatúlidos. Pennatulidae Ehrenberg, 1834 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2020.
Taxonomía Descrición A espeie foi descrita en 1758 por Linneo, no volume 1º da 10ª edición do seu Systema Naturae.Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2020.
Sinónimos Ademais de polo nome válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Pennatula distorta Koren & Danielssen, 1877 Phosphorella phosphorea (Linnaeus, 1758)
Subespecies Na especie recoñécense as subespecies seguintes: Pennatula phosphorea antarctica Kukenthal & Broch, 1911 Pennatula phosphorea candida Marshall & Fowler, 1888 Pennatula phosphorea longispinosa Moroff, 1902 Pennatula phosphorea rubella Kolliker, 1869 Pennatula phosphorea variegata Kölliker, 1869
Distribución e hábitat Distribución A área de distribución de Pennatula phosphorea comprende todo o Atlántico nororiental, incluído o mar Mediterráneo, sendo frecuente nas costas norte e oeste de Escocia. Na rexión mediterránea, atópase nas costas de Grecia, Italia, España e Turquía.Fourt, M.; Goujard, A.; Pérez, T. & Chevaldonné, P. (2017): Guide de la faune profonde de la mer Méditerranée: Explorations des roches et canyons sous-marins des côtes françaises. París: Museum national d'Histoire naturelle. Patrimoines naturels nº 75. ISBN 978-2-8565-3802-9. (Resume).Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 en Museum national d'Histoire naturelle. Inventaire National du Patrimoine Naturel. Consultado o 10 de setembro de 2020. É relativamente común no mar Adriático.<ref>Kružić, P. (2007): Anthozoan fauna of Telascica Nature Park (Adriatic Sea, Croatia)". Natura Croatica 16 (4): 233–266.</ref> E recentemente observouse no suroeste da illa de Cefalonia, no mar Xónico oriental.Mytilineou, Ch., Smith, C. J., Anastasopoulou, Papadapoulou, K. N., Christidis, G., Bekas, P., Kavadas, S. & Dokos, J. (2014): "New cold-water coral occurences in the Eastern Ionian Sea: results from experimental long line fishing". Deep Sea Research Part II Topical Studies in Oceanography 99: 146-157. Así mesmo, encóntrase tamén nas costas do norte do Atlántico oriental, no Canadá e os Estados Unidos.Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758. Phosphorescent sea pen en Sea Life Base (FishBase). Consultada o 11 de setembro de 2020.
Describíronse exemplares referidos a esta especie en Nova Zelandia, e tamén existen rexistros na rexión Indo-Pacífica oriental e meridional,Williams, G. C. (1995): "Living genera of sea pens (Coelenterata: Octocorallia: Pennatulacea): illustrated key and synopses". Zoological Journal of the Linnean Society 113: 93-140. pero a confusión con outras especies fai incerta a verdadeira distribución xeográfica de P. phosphorea.
Hábitat Pennatula phosphorea é unha especie epibentónica,Ellis, J. R.; G. Burt & S. I. Rogers (2007): "Epifaunal sampling in the Celtic Sea". ICES ASC 2007 Theme Session A23. que vive nas zonas circalitorais e batiais.Vafidis, D. (2010): "Checklist of class Anthozoa (Phylum Cnidaria)". En Coll, M., et al., "The biodiversity of the Mediterranean Sea: estimates, patterns, and threats". PLoS ONE 5 (8): 36. Encóntrase entre os 20 e os 700 m de profundidade, en fondos areosos ou lamacentos. No Mediterráneo é común desde os 25 m,Vafidis, D., Koukouras, A. & Voultsiadou-Koukoura, E. (1994): "Octocoral fauna of the Aegean Sea with check list of the Mediterranean species: new information, faunal comparisons". Annales de l’Institut Océanographique 70: 217-229. até os 550 m.Grasshoff, M. (1989): "Die Meerenge von Gibraltar als Faunen-Barriere: Die Gorgonaria, Pennatularia und Antipatharia der BALGIM-Expedition (Cnidaria: Anthozoa)". Senckenbergiana maritima 20: 201-223.
Bioloxía Pennatula phosphorea é unha pluma de mar que mide até 40 cm de lonxitude (incluído o pedúnculo), e aproximadamente a metade desta lonxitude sobresae por riba do sedimento.
Todas as plumas de mar estudadas até a data de hoxe son reprodutoras gonocorísticas (unisexuais). Aínda que non hai estudos dispoñíbeis sobre o ciclo de vida da especie e a súa reprodución, os antozoos adoian teren o seguinte ciclo de vida: os gametos son vertidos ao celéntero (cavidade gastrovascular) e expulsados ao mar pola boca; o cigoto convértese nunha larva plánula planctónica; a metamorfose comeza coa morfoxénese temperá dos tentáculos, os septos (tabiques) e a farinxe antes do asentamento larval no extremo aboral. A proporción de sexos de P. phosphorea é de 1:1, similar a outros pennatuláceos. O tamaño mínimo para a súa madurez sexual parece ser entre os 5 e os 9 cm (de lonxitude da barra axial). Non se observaron eventos de desova nesta especie,Edwards, D. C. B. & Moore, C. G. (2008): "Reproduction in the sea pen Pennatula phosphorea (Anthozoa: Pennatulacea) from the west coast of Scotland". Marine Biology 155 (3): 303-314. aínda que probabelmente sexa anual, como noutras especies similares.Chia, F. S. & Crawford, B. J. (1973): "Some observations on gametogenesis, larval development and substratum selection of the sea-pen Ptilosarcus guerneyi". Marine Biology 23: 73-82.Soong, K. (2005): "Reproduction and colony integration of the sea pen Virgularia juncea". Marine Biology 146: 1103–1109. Non se coñecen as larvas pero suponse que son lecitotróficas, dado o seu gran ovocito.
A fecundidade é elevada en P. phosphorea e aínda que a desova ocorre, segundo parece, anualmente, a duración da ooxénese supera os 12 meses. A xeración inicial de ovocitos descríbese mellor como "cuasi-continua" xa que pode suprimirse durante o inverno. Os poucos grandes ovocitos que non aparecen poderían reabsorberse, fenómeno tamén observado en varias especies de gorgonias.Zeevi Ben-Yosef, D. & Benayahu, Y. (1999): "The gorgonian coral Acabaria biserialis: life history of a successful colonizer of artificial substrata". Marine Biology 135: 473–481.Santangelo, G., Carletti, E., Maggi, E. & Bramanti, L. (2003): "Reproduction and population sexual structure of the overexploited Mediterranean red coral Corallium rubrum". Marine Ecology Progress Series 248: 99–108. A vida útil das larvas aínda está por determinar.Pennatula phosphorea, como outros pennatuláceos como Virgularia mirabilis, é bioluminescente, emitindo luz en flashes brillantes ou en pulsos rítmicos ao longo da colonia.Nichol, J. A. C. (1958): "Observations on the luminescence of Pennatula phosphorea with a note on the luminescence of Virgularia mirabilis". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 37: 551-563.
Ameazas Tendo en conta que P. phosphorea vive con abundancia variábel en sedimentos brandos en ambientes circalitorais, a principal ameaza para esta especie no Mediterráneo é a perturbación mecánica polas actividades de pesca demersal, especialmente a pesca de arrastre. A pesca de arrastre de fondo provoca perturbacións crónicas e xeneralizadas nos fondos mariños en mares pouco profundos e pode provocar cambios na estrutura trófica e na función das comunidades bentónicas. Pode ter a maior influencia negativa sobre determinadas subpoboacións de P. phosphorea, eliminando principalmente os espécimes de gran tamaño, que son os individuos reprodutores. Non se realizaron estudos para estudar a redución das poboacións de P. phosphorea polas actividades pesqueiras. Porén, a especie cobre fondos brandos de lama, que son as zonas que forman os principais caladoiros de Nephrops norvegicus e outros caladoiros comerciais importantes que operan fóra de España, Italia, Alxeria e Tunisia. En moitas rexións, as pesqueiras de arrastre das cigalas utilizan artes non selectivas con mallas de pequeno tamaño, xerando capturas accidentais non desexadas que se guindan ao mar, a maioría das veces mortas ou agonizantes.ICES WGECO REPORT 2018 San Pedro del Pinatar.Ademais da resuspensión de partículas finas debido á actividade de arrastre, a ancoraxe tamén pode causar danos físicos a especies estáticas de megafauna como as plumas de mar.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta o antedito, sospeita que a poboación de Pennatula phosphorea diminuíu nun 40 % nos últimos 20 anos (é probábel que sexan aproximadamente tres xeracións) e seguirá diminuíndo nun 20 ou 30 % nos próximos 10 anos de continuar as ameazas citadas, polo que cualifica o estado de conservación da especie como VU (vulnerábel).Cerrano, C., Orejas, C., Bo, M., Garcia, S. & Antoniadou, C. (2015): Pennatula phosphorea na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 9 de setembro de 2020.
Medidas de protección no Mediterráneo Esta especie é vulnerable no Mediterráneo.María del Mar Otero et al. (2017): Overview of the conservartion status on Mediterranean Anthozoa. IUCN, Gland, Suíza e Málaga, España. ISBN 978-2-8317-1845-3.
Os fondos con pennátulaceos forman parte de varias accións de xestión internacionais: Pennatula phosphorea, xunto con Funiculina quadrangularis e Virgularia mirabilis, é unha das especies determinantes do hábitat "colonias de plumas de mar e megafauna escavadora" (OSPAR).OSPAR Commssion. "Background Document for Seapen andBurrowing megafauna communities". Os fondos de plumas de mar tamén se identifican no plan de acción para hábitats escuros,"Action Plan for the conservation of habitats and species associated with seamounts, underwater caves and canyons, aphotic hard beds and chemo-synthetic phenomena in the Mediterranean Sea (Dark Habitats Action Plan). definido no marco do "Plan de Acción para o Mediterráneo" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente. A Comisión Xeral de Pesca para o Mediterráneo tamén considera os campos de pennatuláceos como un hábitat mariño esencial (EMH) importante para a produtividade pesqueira.Museum national d'Histoire naturelle. Inventaire National du Patrimoine Naturel "V.1.1.c. - Faciès de vase molle à Funiculina quadrangularis et Aporrhais serresianus. Typologie des biocénoses benthiques de Méditerranée" .
Notas
Bibliografía Cairns, S. D.; D. R. Calder, A.; Brinckmann-Voss, C. B.; Castro, D. G.; Fautin, P. R.; Pugh, C. E.; Mills, W. C.; Jaap, M. N.; Arai, S. H.; D. Haddock & D. M. Opresko (2003): Common and Scientific Names of Aquatic Invertebrates from the United States and Canada: Cnidaria and Ctenophore, Second Edition. American Fisheries Society Special Publication, nº 28. George, John David & Jennifer George (1979): Marine Life: An Illustrated Encyclopedia of Invertebrates in the Sea. Nova York, NY, USA: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4710-5675-1, pp. 18-21. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata, vol. 1: Laurentius Salvius: Holmiae. Ruppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A functional evolutionary approach. 7th Ed. Boston, Massachusetts, USA: Cengage Learning, Inc. ISBN 978-0-0302-5982-1. Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
Outros artigos Octocoraliarios Pennatuláceos Pennatúlidos
Ligazóns externas Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 en Museum national d'Histoire naturelle. Inventaire National du Patrimoine Naturel'' . Consultado o 10 de setembro de 2020.
Categoría:Antozoos Categoría:Fauna de Europa Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné