Iurii Petrovich Shchekochikhin (en ), nado o 9 de xuño de 1950 en Kirovabad (RSS de Azerbaidján) e finado o 3 de xullo de 2003 en Moscova, foi un xornalista de investigación ruso, escritor e lexislador liberal na Duma Estatal. Shchekochikhin acadou sona pola súa divulgación e campaña en contra da influencia do crime organizado e da corrupción. O seu derradeiro libro, Рабы ГБ. XX век. Религия предательства ("Escravos do GB do século XX. A relixión da traizón), trataba sobre persoas que traballaron como informadores do KGB.

Como xornalista do Novaia gazeta (NG), Shchekochikhin investigou os atentados contra apartamentos supostamente dirixidos polos servizos secretos e o escándalo de corrupción Tri kita no que estaban implicados altos cargos do FSB e estaba relacionado co lavado de cartos a través do Banco de Nova York.

Shchekochikhin finou repentinamente o 3 de xullo de 2003 dunha enfermidade misteriosa, uns días antes dunha viaxe planificada aos Estados Unidos, onde tiña previsto reunirse con investigadores do FBI. Os seus documentos médicos, segundo NG, foron perdidos ou destruídos polas autoridades. Os síntomas da súa doenza coinciden cun patrón de envelenamento por material radioactivo e foron similares aos síntomas de Nikolai Khokhlov, Roman Tsepov, e Alexander Litvinenko. Segundo Litvinenko e a información dalgúns medios, a morte de Iurii Shchekochikhin foi un asasinato por motivos políticos.

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Azerbaidján Categoría:Xornalistas de Rusia Categoría:Políticos de Rusia Categoría:Asasinatos en Rusia Categoría:Xornalistas asasinados